Hoxe ás 9:30hs comezou no Campo de herba natural da Marosa de Burela o 1º Campus de Fútbol Base “MÁIS QUE FÚTBOL” que conta con 67 nen@s inscritos. Mañá martes 2 de xullo teremos a visitaos participantes recibirán a visita do xogador do Deportivo Álex Bergantiños. O Campus conta con monitores como Javi Ruíz e Rodrigo Pinto (adestradores da AFD Porto de Burela), Marcos Polo (xogador a pasada tempada da SD Cervo – Sargadelos), Xusto Pedreira que logo de xogar no Narón en 3ª volta á Mariña para enrolarse no Viveiro, Ramiro Chaves (adestrador da EFB Viveiro) e Kiko Mariño que se encarga de amosar os seus coñecementos de porteiro de 3ª división nas Pontes ás xoves promesas mariñás. Dirixe e coordina Pablo Fernández, tendo de adxuntos á dirección deportiva e encargados da parte administrativa e loxística a Patry Vigo e Javi Mogo.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



