No marco da celebración, na parroquia de Santo André de Boimente, da súa XLV edición da “Rapa das Bestas do Curro do Candaoso” a Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” convoca o Concurso de Fotografía baixo o lema “imaxesRAPAcandaoso-2013”.
Con esta iniciativa preténdese contribuír ao fomento e á promoción da Rapa das Bestas do Curro do Candaoso, na parroquia de Santo André de Boimente. Unha das festas de interese turístico máis ancestrais e de maior arraigo do Concello de Viveiro que celebrará a súa XLV edición, como é costume, o primeiro domingo do vindeiro mes de xullo.
Desde a asociación Fraga das Saímas inténtase poñer en valor o patrimonio paisaxístico que conforma a paraxe natural da Fraga das Saímas e os Montes do Buio como fonte de riqueza ambiental, cultural e turística promovendo unha cultura de ocio saudable a través de iniciativas coma a organización deste certame fotográfico.
A temática única do concurso será o reflexo máis completo e descritivo posible da celebración da Rapa das Bestas do Curro do Candaoso-2013. As organizadoras deste certame deixan total liberdade para que cada participante exprese a súa creatividade e amose, a través desta, a beleza e os valores culturais, etnográficos e paisaxísticos que se desprenden durante a celebración desta festa tradicional, ao obxecto de incitar aos potenciais viaxeiros a descubrir lugares con encanto na Mariña Lucense como son os Montes do Buio ou a Fraga das Saímas .
Este concurso está dotado cun 1º premio de 250 €, un 2º de 120 € e un 3º premio de 100 €, ademais de dous accésits de 30 euros cada un.
As fotos poderán ser individuais ou compor unha serie máximo de 4 imaxes. Podendo ser estas do mesmo momento e temática ou de momentos e actividades distintas (subida ao monte, xunta das bestas, loita de garañóns, rapa e solta cara o monte, descanso das bestas, xantar dos romeiros, carreiras de cabalos, etc).
Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías ou dúas series fotográficas en formato TIFF. ou JPEG. en calidade máxima e en calquera das súas técnicas.
Os traballos entregaranse antes do 31 de agosto, ben por correo postal ou ben por correo electrónico, segundo o establecido nas bases da convocatoria que se poden descargar da seguinte dirección http://mulleresfragadassaimas.blogspot.com.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



