Cervo, 2 de xullo de 2013-O Concello de Cervo inaugurou esta tarde a exposición colectiva do Grupo de Artesáns da Mariña de Lugo, na que se poden ver numerosas pezas achegadas por 13 artesáns da comarca e de 11 oficios diferentes. Deste xeito, na mostra ofrécense multitude de traballos de cerámica, madeira torneada, olería, forxa de navallas, carpintería, restauración, redes, arte floral, arxila polimérica, encaixe e carpintería de ribeira.
Unha mostra que naceu a iniciativa dos artesáns, que xa veñen traballando xuntos en proxectos como as Rutas de Artesanía e os Obradoiros con Alma e que agora decidiron recompilar aquel material máis representativo do seu traballo e xuntalo para conformar unha exposición.
Á inauguración, que tivo lugar esta tarde, acudiron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso así como varios dos artesáns que participan na exposición, entre eles tres cervenses: Francisco Fra, carpinteiro de ribeira, Estéfano Gudín, ceramista, e Mari Luz Méndez, palilleira.
A edil de Cultura explicou que este é o segundo concello no que recala esta exposición itinerante, que tamén percorrerá outros municipios da Mariña e que ten o obxectivo de “mostrar el trabajo que realizan habitualmente los artesanos de oficios tan diferentes pero que al fin y al cabo, construyen arte con las manos”. Alonso valorou moi positivamente esta iniciativa de expoñer os traballos de forma conxunta porque permiten aos visitantes “contemplar una gran variedad de oficios y al mismo tiempo, conocer con más profundidad y en primera persona las múltiples joyas de la artesanía que se crean en los numerosos talleres de A Mariña”.




















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



