Burela, 3 de xullo de 2013. A directora xeral de Formación da Xunta, Ana Díaz, e o alcalde, José Mª González Barcia, entregaron este mediodía os diplomas aos 15 alumnos que participaron no obradoiro de emprego de atención a persoas con alzheimer, que durante 6 meses se levou adiante no centro de formación ocupacional do Concello de Burela.
O rexedor manifestou que “para nós é unha satisfacción poder outorgar estes diplomas porque a estas quince persoas lles permite ter unha titulación perfectamente homologada e unha certificación de profesionalidade”. González Barcia entende que “no que os Concellos temos que colaborar, na medida das nosas posibilidades, é de forma activa coas persoas que están en situación de desemprego”.
O alcalde valora de xeito moi positivo “as subvencións que a Xunta nos da ano tras ano para poder realizar actividades de formación con desempregados. Este obradoiro contou cunha partida aproximada de 140.000 euros, pero hai que lembrar que os catro cursos que estamos a poñer en marcha estes días suman un total de preto de 300.000 euros, que se invisten directamente desde a Xunta para mellorar a formación dos desempregados de Burela”.
O equipo de goberno continuará nesta liña, “seguiremos apostando pola formación dos desempregados porque cremos que é un bo vehículo para buscarlle saída no mundo laboral e conxugamos esta actuación coa orientación laboral. E nese sentido tamén poñemos a disposición de todas as persoas que se encontran en situación de paro o noso servizo de información de emprego para orientalos e que poidan atopar saída a unha situación que todos vemos como complicada, pero que require tamén da aposta de todos, institucións incluídas e aquí o Concello participa de xeito activo, para atopar saída a maior parte das persoas que se atopan desempregadas”.
Tamén asistiron ao desenvolvido este mediodía os concelleiros de Servizos Sociais e Emprego, Diana Durán e José Casas.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



