Burela, 9 de xullo de 2013. O alcalde de Burela, José María González Barcia, e o co concelleiro de Economía, José Casas Martínez, compareceron hoxe en rolda de prensa para dar a coñecer a situación económica do Concello sobre o pago a provedores.
González Barcia comezou lembrando que “cando o PP chegou de novo ó goberno municipal había facturas sen pagar e sen consignación presupostaria por un importe total dun millón trescentos mil euros. Logo de facer os pagos que foron posibles, hai algo máis dun ano o Concello tivo que solicitar un crédito dun millón cen mil euros para pagar o que evidentemente había que pagar, porque de non ser así moitos provedores quedarían en situación moi precaria”.
O rexedor indicou que “naquel momento o volume de chamadas ó Concello para interesarse por cando poderían cobrar era inxente diariamente. Pero hoxe podemos dicir que esta situación cambiou”.
O alcalde de Burela manifestou que “este cambio ven dado porque todas as facturas presentadas no Concello hasta o trinta de maio do presente ano están abonadas, salvo casos excepcionais e que en todo caso representan contías pequenas. É dicir, estamos falando dun retraso inferior a dous meses, que era algo impensable hai quince meses e moito máis hai dous anos”.
José María González Barcia afirmou que “o Concello ten que facer o posible para manter vivo o ritmo da economía local e unha das vías que temos é precisamente esta: pagar o que debemos. Sempre dixemos que non se podía gastar máis do que se ten, e que había que pagar o que se debe; pois estamos no camiño de conseguilo”.
O rexedor subliñou que “no que vai de ano ata o 30 de xuño o Concello ingresou un total de 3.817.798 euros e leva pagados 3.776.804 euros. Cos cartos que se ingresan se está a pagar a todos os provedores, por suposto as nóminas dos traballadores do Concello e todos aqueles servizos que son de competencia municipal”.
“Agora os provedores xa non chaman como chamaban antes, día si e día tamén, para ver cando poderían cobrar, aínda que quero advertir que esta situación é moi difícil de manter e podemos ter momentos nos que volvamos a ter certo retraso, superior ó actual”.
O concelleiro de Economía, José Casas Martínez, dixo que “o esforzo feito para endereitar unha situación herdada extremadamente difícil está sendo enorme. Pero hai que dicir que todo o equipo de goberno e o persoal municipal somos conscientes de que este é o único camiño que hai se queremos garantir un futuro con certa capacidade de manobra”.
Casas sinalou que “o control do gasto está a ser moi exhaustivo: non se compra nada sen a correspondente autorización, revísase cada factura que entra no Concello e cada membro do equipo de goberno sabe perfectamente de canto diñeiro dispón para o que quere facer. De feito están repasando os números para volver a poñer en marcha as subvencións. E se podemos, seguro que o faremos, aínda que ó mellor as contías non son as que todos desexaríamos”.
O alcalde, José María González Barcia, engadiu que “non podo garantir que sigamos pagando tal e como o estamos a facer; o que si podo garantir é que vamos facer todo o posible para que así sexa; por iso pido que ninguén considere isto como que o Concello de Burela está libre de todos os males económicos, todo o contrario, temos que seguir facendo esforzos para garantir que os nosos provedores cobran e que así mantemos activa a economía local no que a nós nos toca”.
B
Finalmente, Barcia manifestou que “á volta do verán, en setembro, poñerémonos a preparar os presupostos do ano 2014, porque a intención é aprobalos a finais de novembro para que poidan entrar en vigor o un de xaneiro do ano próximo”.
















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



