Cervo, 9 de xullo de 2013.- O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, deulle hoxe a benvida a Waara e Bachrir, os dous nenos saharauís que pasarán este verán en Cervo. Un acto de recepción ao que asistiron os pequenos coas súas respectivas familias de acollida e co que o goberno local quixo darlles a benvida e desexarlles unha feliz estancia no municipio.
Este é o segundo ano que pasa Waara cos seus pais de adopción en Cervo, mentres Bachrir xa leva catro anos gozando das vacacións estivais no municipio. Ao mesmo tempo, as súas familias de acollida levan varios anos participando neste programa, a de Waara un total de cinco anos mentres a de Bachrir vén acollendo nenos saharauís dende hai nove anos.
Unha iniciativa que se enmarca no programa “Vacacións en paz” que impulsa a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e a través da cal os menores que viven nos campamentos de refuxiados saharauís no Tinduf (Alxeria) poden pasar os meses de xullo e agosto con familias de acollida que, de forma desinteresada, lles ofrecen unhas vacacións lonxe do deserto, evitando os calorosos e duros meses do verán na zona.
Un programa co que colabora o Concello de Cervo a través dun convenio con esta asociación que manteñen activo por noveno ano consecutivo e que é posible grazas aos esforzos conxuntos da asociación, das familias de acollida e do Concello, que financia a viaxe de ida e volta dos nenos.
A edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, que estivo na recepción xunto ao alcalde, Alfonso Villares, asegurou que “este acto de benvida é sempre moi emotivo xa que vemos aos nenos felices coas súas familias de acollida, das que temos que destacar a súa xenerosidade e sensibilidade coa problemática que viven estes nenos no seu día a día nos campamentos de refuxiados”. Armada destaca incluso a implicación destas familias, que nos últimos anos veñen participando sen excepción no programa “Vacacións en paz” pero que ademais se involucran na causa, viaxan ata o Sáhara e axudan a este colectivo de múltiples maneiras.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



