O Valadouro, 10 de xullo de 2013.- O Grupo Municipal do Partido Popular votou en contra dos orzamentos do Valadouro incluso a pesar de que as contas do novo Goberno bipartito só varían nun 1,6% o destino voluntario dos recursos municipais en relación co proxecto de orzamentos que presentou no seu día o equipo que lidera José Manuel Lamela.
Os portavoz popular xustificou este voto negativo en base a dous premisas fundamentais: a decisión do bipartito de rexeitar unha emenda do Partido Popular na que pedía a inclusión no orzamento dunha partida para a posta en marcha dun plan de emprego. E, en segundo lugar tras a decisión do Goberno local de incrementar en máis dun 22% da partida dedicada a festexos populares.
“Parece ser que para o bipartito do Valadouro, para socialistas e independentes, coa complicidade do BNG, a alternativa ao noso anterior Goberno se basea en restar recursos para xerar emprego e destinalos a festas e saraos”- dixo Lamela, quen asegurou que o PP nunca podería dar o visto bo a unhas contas que nacen con esta desastrosa filosofía.
PLAN DE EMPREGO
O Partido Popular defendía que, trala finalización do actual obradoiro de emprego e, con independencia de que se soliciten novas axudas, a situación saneada do concello permite poñer en marcha un plan de emprego municipal que tería por obxecto xerar novas oportunidades de traballo para os seus veciños, en especial para todos aqueles que pola súa idade ou formación teñen menos oportunidades de inserción no mercado laboral e que, co apoio do Concello e deste plan, poderían ter máis posibilidades
O Partido Popular tamén considera desacertado que o bipartito incremente en maís de 6.000 euros os recursos públicos para festas populares. De feito PSOE, UDIVAL e BNG apoiaron incrementar de 20.953 a 26;953 esta partida. “Equivocan prioridades coa que esta caendo. E fanno ademáis asegurando que este é un exercicio de transparencia porque antes se pagaban facturas ocultas, feito que foi desmentido e advertido como falso polo propio secretario municipal.”
Os populares fixeron esta primeira valoración sobre o pleno municipal que debateu -na tarde noite de onte- as contas para o ano en curso tralo bloqueo protagonizado polas tres forzas que asinaron a moción de censura e que, por certo, desaproveitaron unha nova oportunidade para facer público o pacto de Goberno que ainda manteñen oculto aos veciños.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



