O restaurante San Miguel, situado no porto deportivo de Ribadeo, incluiu na súa carta de verán un plato denominado Merluza, estilo Las Catedrales, dedicado á famosa praia ribadense, que é o principal atractivo turístico do municipio e que recibe a miles de visitantes durante todo o ano. O xerente e cociñeiro do restaurante San Miguel, José Ramón Rodríguez, destacou que todos os ingredientes deste plato “son productos da zona, desde a merluza ata o jamón, os grelos, as patacas e o allo”. Ademais, preséntase cunha forma inspirada nos arcos que hai no coñecido areal. Na nova carta, elaborada para a tempada de verán, inclúense tamén outros pratos, coma o carpaccio de bonito de Burela, rape con ameixas á sartén, calamares da ría na súa tinta ou segredo de porco ibérico. Durante a época estival, o restaurante San Miguel ten aberta tamén a súa tasca con terraza que está na primeira planta do edificio, ademais do comedor principal, situado na segunda.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



