Barreiros, 15 de xullo de 2013. O BNG de Barreiros organizará o vindeiro xoves, 18 de xullo, un acto no Centro Sociocultural de San Cosme no que “se analizará o urbanismo en Barreiros e as últimas novidades que se produciron ao respecto, tras terse dictado sentenza por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza anulando o Plan Sectorial co que a Xunta pretendía legalizar a desfeita urbanística barreirense”, explican os nacionalistas.
urbanismo en Barreiros: un pelotazo á medida do PP, contará coa presenza da Deputada nacionalista no Parlamento Galego, responsábel da área de urbanismo, Ana Pontón; que se sumará ás intervencións da responsábel local da formación no municipio, Belén Fernández; da portavoz municipal do BNG en Barreiros, Ana Ermida e á do concelleiro nacionalista no municipio barreirense, Antonio Veiga.
Con este acto os nacionalistas pretenden clarificar “cal é a situación do urbanismo en Barreiros tras o fallo do TSXG e farán un percorrido, coa perspectiva que dá o tempo, polas posturas que cada quen mantivo neste conflicto e as solución aportadas.”
Para o BNG, “este é un acto necesario para ver con perspectiva que foi o que pasou en Barreiros e para que se dea un debate claro, sen as tensións dunha cita eleitoral, no que poida participar toda a cidadanía” Por iso, animan a participar non só a todas as veciñas e veciños do concello, senón tamén á xente de fóra de Barreiros, “xa que a situación que se viviu no concello barreirense é boa mostra da política, neste caso urbanística, que desenvolve o Partido Popular.”
Manifesta do Día da Patria Galega o vindeiro domingo.
O BNG de Barreiros celebrará tamén o vindeiro domingo, 21 de xullo, a xa tradicional Manifesta da Patria Galega que chega á súa VIII edición.
Neste caso o xantar popular será na área recreativa do Santo Estevo do Ermo, onde comezará ás 14 horas e onde tamén haberá música e intervencións políticas, contando coa presenza do Deputado por Lugo no Parlamento de Galiza, Cosme Pombo.
Os nacionalistas convidan á cidadanía a compartir esta xornada lúdico-reivindicativa con eles nun espazo inigualable, como é a fraga do Santo Estevo.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



