Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello a recepción ás tres nenas saharauis que pasarán o verán con outras tantas familias de Ribadeo, en concreto nas parroquias de A Devesa, Ove e Vilaselán. O acto foi presidido pola concelleira de Servizos Sociais, Teresa González Piñeiroa, e polo alcalde, Fernando Suárez. Fatma, Mimi e Sultana chegaron hai uns días a Ribadeo e aquí estarán ata finais do vindeiro mes de agosto. A edil nacionalista sinalou que “viñeron a través do programa Vacacións en paz, que leva adiante a asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui. O que facemos desde o Concello é custear a viaxe destas nenas”. Teresa González Piñeiroa animou “ás familias ribadenses a acoller nos vindeiros anos a máis nenos e nenas saharauis. Hai más de 17.000 que están agardando por familias acolledoras para poder disfrutar destes meses entre nós”.






















O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



