Cervo, 15 de xullo de 2013-O Concello de Cervo vén de recibir unha comunicación da Deputación, asinada pola súa vicepresidenta, Lara Méndez, na que informa de que só limpará as estradas da súa titularidade unha vez ao ano. O texto di, literalmente, que “a experiencia nos indica que as rozas realizadas nos meses de maio ou xuño non adoitan aguantar todo o verán sen que a maleza volva ao seu estado primitivo”.
Este escrito chegou ao Concello semanas despois de que a administración local lle pedise á Deputación en reiteradas ocasións a limpeza urxente das estradas provinciais. Un escrito “preocupante” non só pola negativa de rozar as súas vías, senón porque “se ha convertido ya en una costumbre de la Diputación”, que “parece haber establecido por norma una limpieza anual, sin tener en cuenta la peligrosidad de cada momento ni la mala imagen generada”.
Ademais, Alonso considera “irrisorio”, que a Deputación asegure, textualmente, “non ter inconveniente en que dende o Concello se rocen tramos ou estradas provinciais concretas, sempre e cando se solicite autorización para levar a cabo ditos traballo”. “Eluden responsabilidades, se desocupan de sus carreteras y quieren que el Concello les pida permiso para quitarles trabajo” explica a edil.
A delegada de Medio Ambiente lembra que hai unhas semanas o Concello tivo que asumir con medios propios a limpeza das entradas principais de San Ciprián e Cervo “porque la maleza invadía aceras y carreteras y el gobierno local no puede permitir estas situaciones de inseguridad”.
O Concello lembra que son dez son as vías provinciais que existen no municipio cervense, que en total suman unha lonxitude de máis de 49 quilómetros e que son de titularidade e competencia única da Deputación Trátase das seguintes: De Río Covo ao porto de San Cipián; de Burela, por Vilaestrofe, ata Ferreira; de Río Covo, por Trasbar, ata Vilaestrofe; de Riocobo ás fábricas de Sargadelos; da N642, por Cervo e Sargadelos, á CP 1502; da N642 a Cuíña; da Venta a Lieiro; de Figueirido ao Paraño, en Sargadelos; de Pedrouzo a Castelo, no tramo ata a Senra e de San Ciprián, por A Marosa, ata Burela.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



