O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego ven de rexistrar unha Proposición non de lei para o seu debate en Pleno na que se insta ao Goberno galego a iniciar unha investigación interna sobre a Operación Bebé de Lugo.
A Proposición non de lei recolle o seguinte texto para o seu debate en Pleno:
As investigacións iniciadas nos xulgados de Lugo e as reiteradas denuncias ante a prensa sobre supostas irregularidades na tramitación de expedientes de adopción de bebés orixinan esta iniciativa parlamentaria. O grupo parlamentar do BNG considera prioritario que o goberno galego inicie unha investigación interna sobre as posíbeis irregularidades cometidas por hospitais públicos galegos e casas de acollida de mulleres embarazadas a respecto da legalidade vixente en materia de adopción e remita toda esa información a esta cámara coa finalidade de despexar calquera dúbida sobre tales irregularidades.
Nese sentido e segundo informacións aparecidas na prensa, existe a posibilidade de que as mulleres estiveran asinando documentos descoñecendo o contido dos mesmos, incluso sendo enganadas polas propias autoridades sanitarias. Consideramos que o goberno galego debe actuar para esclarecer os feitos que veñen de ser denunciados.
Por isto e ante a situación de alarma creada consideramos necesario:
“O Parlamento galego insta ao goberno galego a:
1. Iniciar unha investigación de inmediato na provincia de Lugo para esclarecer calquera tipo de irregularidade por parte do SERGAS ou da Consellaría de Traballo e Benestar no referido aos protocolos de adopción.
2. Remitir ao Parlamento toda a información dispoñíbel ao respecto para o coñecemento e valoración dos grupos parlamentarios.
3. Remitir ao Parlamento os expedientes das mulleres que foron acollidas no Hogar Madre Encarnación nos últimos catro anos.
4. Comparecer no Parlamento galego a persoa responsábel de Benestar para dar as explicacións pertinentes a respecto das denuncias sobre posíbeis irregularidades nos trámites de adopción, como pode ser o engano por descoñecemento do idioma.
5. Asemade, e para despexar calquera dúbida sobre o cumprimento da legalidade en materia de adopción, o goberno galego elaborará un informe sobre a adopción en Galiza especificando con claridade os expedientes de adopción derivados de entidades relixiosas que acollen a mulleres para o parto e posterior adopción dos bebés”.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



