San Xorxe – Lourenzá, 16 de Xullo do 2013.- A Asociación de Veciños “O Refugio” de San Xorxe convoca a asociados e tamén a propietarios forestais a unha reunión sobre a constitución dunha Sociedade de Fomento Forestal (SOFOR) nos montes de O Vito, As Restrebas, A Fraga, Os Encarcelaos, Paraños, Santo Estevo na propia parroquia así como outros montes limítrofes que poden ser ou non da mesma parroquia ou mesmo do concello de Mondoñedo.
Segundo o seu presidente, Javier Barcia, “a idea de facer esta reunión xurde a raíz de que nas zonas antes mencionadas coexiste un porcentaxe alto de abandono do monte, e a constitución dunha SOFOR sería unha das solucións para concentrar a propiedade e posteriormente xestionar conxuntamente estes montes”
A reunión terá lugar o vindeiro sábado día 20 no Centro Social da parroquia de San Xorxe e na mesma estarán presentes persoal de asesoramento para a posta en marcha dunha SOFOR, que, segundo Barcia “logo de que o DOGA de onte publicara a orde pola que se establecen as bases que regulan as axudas para constituír e iniciar a actividade de Sociedades de Fomento Forestal e se convocan para o ano 2013, sería o momento preciso para iniciar os trámites, loxicamente, si os veciños propietarios lexítimos dos montes están de acordo en agruparse para acadar unha xestión forestal sostible que xere rendementos económicos e ao mesmo tempo concentrar a propiedade e xa dito sexa de paso, aproveitar para correxir a desfeita que o catastro mostra nesta zona”.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



