Ribadeo, 18 de xullo de 2013. Centos de persoas pasan a diario pola oficina de turismo de Ribadeo. A afluencia estes días está a ser moi importante, “de feito estanse a producir ata colas, en varios momentos ao longo do día, en demanda de información do concello, de Rinlo, da praia das Catedrais e do resto da comarca da Mariña”, segundo explicaba esta mesma mañá a concelleira de Turismo, Ana Martínez.
Na oficina de Turismo entregáronse estes días máis de 350 credenciais do viaxeiro, “unha acuarela que levan todos aqueles que fixeron o percorrido que vai entre As Catedrais, pasando por Rinlo, Illa Pancha, O Cargadoiro e chegando a Ribadeo. Para facerse con ela deben mostrar no móbil ou nunha cámara dixital unha foto de cada unha desas localizacións. Desde que puxemos en marcha esta iniciativa o ano pasado levamos entregadas preto de 2.500 credenciais, que é unha cifra que non está nada mal”.
Ana Martínez sinala que “así pretendemos atraer cara Ribadeo aos turistas que acoden á praia das Catedrais, para que vexan e coñezan outros puntos, outros lugares moi fermosos que temos no noso concello como poden ser Rinlo, o faro da Illa Pancha ou toda a zona do Cargadoiro. Ribadeo ten moito que ofrecer e queremos amosarllo a esas miles de persoas que ano tras ano peregrinan ás Catedrais”. Neste areal estanse a rexistrar estes días miles de visitas, mostra diso é que o aparcadoiro está repleto. A edil de Turismo advirte que “de seguir a este ritmo en agosto xa non sabemos qué poderá pasar, a zona e a praia chegarán a colapsarse en calquera momento”.
A edil nacionalista engade que “na oficina de turismo estamos a contabilizar estes días máis visitas que ano pasado, pero de estancias máis curtas”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



