O goberno bipartito da Xunta de Galicia no ano 2008 promulgou unha lei en materia de servizos sociais, que marcaba un novo escenario na súa regularización. O texto normativo aludía a un gran pacto social a favor dos máis desfavorecidos, asentado sobre nun compromiso orzamentario dende todas as administracións. Tanto a Xunta de Galicia como os entes locais -concellos e Deputacións- deberían facer un esforzo na xestión dos seus orzamentos para “blindar” o estado de benestar.
A citada lei pretendía a atribución de competencias as administracións públicas en materia de Servizos sociais, establecendo dous niveis: Xunta de Galicia e tamén Entidades locais (Concellos e Deputacións).
Analizando o texto normativo polo miúdo, recóllense as atribucións que lle competía a lei do 2008 ás deputacións provinciais, que deberían proporcionar asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos na execución das súas competencias en materia de servizos sociais, especialmente na prestación de servizos sociais comunitarios básicos.
A prestación de servizos sociais básicos quedou definitivamente cerrada no decreto 99/2012 do 16 de marzo, que regula os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. No artigo 31 regula que as Deputacións provinciais apoiarán maioritariamente o financiamento do servizo de axuda no fogar básico aos concellos de menos de 20.000 habitantes e a contratación de persoal con perfís diferentes e complementarios ao persoal que xa financia a Comunidade autónoma
É importante explicar este contexto normativo, para facer unha análise do que está a pasar na provincia de Lugo, onde soamente o concello da capital supera os 20.000 habitantes e onde a administración provincial vai por libre. A Deputación Provincial de Lugo incumpre en materia de SERVICIOS SOCIAIS, pese a que se trata dun mandato imperativo, ao estarse a falar dunhas normas en vigor e de obrigado cumprimento nun estado de Dereito.
Os datos comproban esta afirmación. Tanto é así que unha administración na que debe imperar a cooperación cos pequenos concellos, e onde hai un mandato imperativo que xurde dunha voz nacionalista –O BNG na Xunta ditou esta lei-, os nacionalistas provinciais –responsables da área de Benestar- achegan soamente una media de 17 de cada 100 euros que estarían obrigados a achegar.
Benestar nunca foi una prioridade nin para o señor Besteiro –presidente provincial- e nin para o Sr. Veiga –vicepresidente da Deputación-. No ano 2011, cando non estaba desenvolto o decreto que regula o financiamento de servizos sociais, o goberno bipartito da Deputación non dispuxo da totalidade do crédito orzamentado para a área de Benestar Social, Igualdade, Xuventude, Turismo e Sanidade, deixando sen executar 140.211 euros. Uns datos que contrastan coa Área de Presidencia, onde o Señor Besteiro gastou 873.578 euros mais por riba do previsto.
Esta desatención e incumprimento normativo, provoca que os concellos de Lugo non teñan a colaboración e cooperación obrigada por lei da Deputación de Lugo. Moitos outros exemplos e votos en contra das propostas promovidas polos populares para que a Deputación cumprira coa lei e colaborara cos municipios semellan que tanto Gómez Besteiro como Veiga non lles parece importar que os veciños da provincia de Lugo se vexan privados dos beneficios que ofrece o servizo de axuda no fogar. Tanto é así esta situación, que dende o goberno bipartito da Deputación chegaron, nun primeiro momento, a aprobar modificacións orzamentarias para cumprir con este imperativo, que finalmente non chegaron a materializar, non cumprindo desta maneira cos concellos en materia de benestar e privando aos municipios dos investimentos para os que ían destinados nun principio este fondos públicos, antes da súa reorientación orzamentaria.
A descrita é a forma de actuar da Deputación Provincial de Lugo que nuns orzamentos do 2013 non garante o cumprimento da Lei reguladora de Servizos Sociais, nin das competencias de cooperación cos municipios. En resumo, para os concellos lucenses en materia de benestar, A Deputación de Lugo tampouco existe.
Elena Candia
Voceira do PP na Deputación de Lugo

















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



