Lugo, 9 de Agosto de 2013. O Contrato de Explotación Sustentable (CES), enmárcase no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia para o período 2007-2013, destinado a ellora do medio ambiente e do entorno rural e para o uso sostible das terras agrícolas. Inclúe diversas axudas dirixidas a remunerar aos agricultores polas funcións territoriais, sociais e ambientais que se derivan de determinados sistemas agrícolas e gandeiros, pretendendo tamén reforzar a sustentabilidade das explotacións.
Un proxecto posto en marcha pola Consellería do Medio Rural do goberno do BNG, que xunto ao Banco de Terras de Galiza (BANTEGAL), formaba parte dun programa integral que tiña como obxectivo a mobilización da terra e, consecuentemente, facilitar o acceso á terra ás explotacións agrarias galegas. O CES tiña unha duración de cinco anos, durante os cales os labregos/as comprometíanse a cumprir unha serie de requisitos medioambientais a cambio dunha compensación económica por parte da administración.
A chegada do Partido Popular á Xunta de Galiza en 2009 supuxo a paralización deste programa, primeiro deixando ao BANTEGAL practicamente sen actividade e a continuación imposibilitando a formalización de novas solicitudes do CES. Debemos lembrar que o último ano no que se aprobaron expedienes do CES foi no 2010, despois da campaña que levou a cabo FRUGA, chegando perante o Valedor do Pobo, e que supuxo que case 850 explotacións máis se sumaran ao CES.
Alén diso, os expedientes do CES xa iniciados, e que non se podían anular, sufriron continuos recortes baixo novos “criterios de interpretación da normativa” así como atrasos inxustificados nos pagamentos. Todo isto baixo cambios de política na transmisión de información entre Xunta e labregos/as: agora xa non hai notificacións por escrito, os asinantes do CES non saben canto van cobrar nin cando, iso si, tendo que cumprir escrupulosamente os mesmos compromisos asinados inicialmente.
Recentemente, a Consellería do Medio Rural e do Mar (CMRM) emitiu un comunicado anunciando “a bombo e pratillo” anunciando a importancia das axudas do CES e gabándose de “transferir” máis de 12 millóns de euros a case 4.000 explotacións galegas, principalmente gandeirías de vacún, tanto de leite como de carne, correspondentes aos anos 2011 e 2012.
Desde FRUGA valoramos este anuncio como dunha torpeza e dun desprezo absoluto cara o sector de vacún galego: a Xunta de Galiza rematou co CES, non admitiu novas solicitudes nos tres últimos anos, simplemente ten que continuar cos expedientes aprobados ata completar os cinco anos contemplados inicialmente. Tamén temos que lembrar que estes pagamentos correspóndense a parte das anualidades de 2011 e 2012, cando aínda quedan partes destes expedientes sen pagar e incluso algún do 2009.
A eliminación do CES faise máis incomprensible sabendo que o 57,56% destas axudas son financiadas por fondos comunitarios, e o 42,44% restante son completados con fondos da Xunta e do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño a partes iguais, é dicir, a Administración Galega paraliza unilateralmente o CES, “perdendo” as granxas galegas de recibir fondos europeos porque a Xunta non quere aportar o seu vinte e pouco % das axudas.
Por todo iso, esiximos á Xunta que manteña o CES no futuro, peza clave para o mantemento da viabilidade económica de moitas granxas galegas á vez que denunciamos a súa falta de seriedade na comunicación das súas actuacións.




















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



