Dende o PSdG-PSOE de Burela, como xa temos feito noutras ocasións, temos que saír ó paso da información feita pública este mércores polo equipo de “desgoberno” de Burela con respecto á situación económica do Concello de Burela.
Baixo ningún concepto podemos estar de acordo no que se afirma de que están os pagos todos o día, ¿como poden afirmar isto si nos dous últimos plenos ordinarios do Concello se veñen de autorizar pagos que non estaban recoñecidos por un valor de preto de 90.000 euros (15.000.000 millóns das antigas pesetas)? A nosa pregunta é ¿cantas facturas non recoñecidas quedan nos caixóns sen pagar e cando se pensan pagar?. O equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela, ó noso entender, está a falsear as contas e non está a contabilizar realmente todo o que queda pendente de pago por parte do Concello.
Outra das preguntas que temos que facer e dar a coñecer os nosos veciños e veciñas é ¿a costa de qué o equipo de “desgoberno” de Burela está a facer os pagos? Nós entendemos que a base de empobrecer ós propios veciños e veciñas de Burela, subíndolles o IBI nun 10% (pagan máis de IBI algunhas vivendas en Burela que en Santiago de Compostela), apagándolles as luces das farolas, subíndolles o custe dos servizos (auga, basura), quitando outros (oficina de turismo), pechando o barco museo Reina do Carmen, cunha inversión en obras e equipamentos igual a cero, e o que é máis grave sen conseguir nin unha soa inversión para o noso pobo, a xestión deste equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela é un auténtico atraso para o noso pobo.
En definitiva, dende o PSdG-PSOE de Burela voltamos a pedirlle ó equipo de “desgoberno” de Burela que se poña a traballar en sacar a Burela do atraso en que a está a meter e se deixe do seu “famoso” autobombo e de enganar os veciños e veciñas de Burela que nós entendemos que non se merecen os sacrificios ós que están a ser sometidos polo Partido Popular, e ante todo non se merecen que lles mintan.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



