Riotorto- 20 de agosto de 2013.- O PP de Riotorto lamenta que a vagancia e polo tanto mala xestión do alcalde nacionalista, Federico Gutiérrez, castigue aos veciños sen a dotación dun servizo de residencia da terceira idade. A devolución do préstamo solicitado para a adquisición dos terreos onde se levantaría a edificación demostra que o BNG de Riotorto renuncia a loitar por un centro para maiores na localidade.
Así o puxeron de manifesto os populares, quen aseguraron que se o alcalde cumprira coas súas funcións e fixese as xestións oportunas sería posible que Riotorto contase cunha residencia, ao igual que terán outros concellos como Trabada ou Pol.
“Nos bares non se fan as xestións, hai que desprazarse ata as institucións, e iso faino poucas veces”, matizan os populares en relación coa actitude de Federico Gutiérrez a quen tachan de “vago e despreocupado polos intereses locais”.
Anclados na mentira
Os populares de Riotorto acusan aos nacionalistas locais de estar “anclados na mentira” así como de “enganar aos veciños”. Deste xeito, lembran que o propio alcalde durante o pregón da Feira do Ferro do ano 2012 anunciara que os terreos para a edificación da residencia xa foran mercados, cando un ano despois aproban en sesión plenaria a devolución do préstamo concedido para a adquisición dos terreos por un importe de 110.000 euros.
Os populares consideran que esta devolución se debera ter feito con anterioridade xa que segundo explican dende o PP de Riotorto “era visto que a residencia non se ía facer, e que esta situación se trataba dunha promesa electoral”.
Ante esta situación, o PP local considera que o goberno de Riotorto debe pedir desculpas e asumir responsabilidades, tendo en conta que este préstamo solicitado no ano 2010, supuxo un intereses aproximados de 22.000 euros, custo que tiveron que asumir todos os veciños.
Ocultan información
Os populares tamén acusan a Federico Gutiérrez de dificultar a súa labor fiscalizadora e de control do goberno ao negarlles acceso ao expediente de adquisición dos terreos, o que segundo o PP de Riotorto “evidenciaba que algo se ocultaba e que as cousas non se fixeran ben”.
O PP de Riotorto explica que no expediente da Deputación Provincial, -ente encargado de construír e xestionar as residencias-, existía un informe de Suplusa –dependente do ente lucense- no que se recollía que ningunha das tres ofertas de terreos realizadas polos propietarios cumpría os requisitos para construír a residencia.
Ante isto, os populares critican que o nacionalista, coñecedor deste informe negativo, propuxera a compra dun terreo determinado, co único obxecto de quedar ben ante os propietarios e eludindo as as súas responsabilidades.
Así, os populares tachan ao alcalde de Riotorto de irresponsable, de ocultar información e de mentirlle aos veciños, supoñéndolle un custe aproximado de 22.000 euros as arcas municipais.

















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



