O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, supervisou este venres o inicio dos traballos que a institución provincial levará a cabo na estrada provincial e que contan cun orzamento de 240.000 euros. Dando pronta resposta á solicitude feita polo rexedor, a Deputación comezou os traballos actuais unha vez rematou as tarefas previas de acondicionamento, previstas no Plan de Rebacheo da Deputación para o 2013 para a zona 2, na que se inscriben máis de 600 quilómetros de estradas do Valadouro e doutros 11 Concellos, e que conta cun orzamento de máis de 774.000 euros.
As melloras da LU-P-0101, de Gontán a Ferreira do Valadouro, supoñen un importante servizo para os habitantes tanto deste Concello coma do veciño de Abadín, xa que esta vía establece unha comunicación directa entre ambos. Ademais, para os veciños do Valadouro contan cunha estrada que facilita o acceso a unha importante zona de concentración parcelaria.
Gómez Besteiro destacou que este tipo de actuacións nas estradas de titularidade provincial supoñen “un gran esforzo económico para garantir, dentro das nosas posibilidades, o mantemento da que é a rede viaria provincial máis extensa de España”. Edmundo Maseda quixo destacar a “relación fluída” que mantén a institución provincial co Concello do Valadouro, “non só pola rapidez en dar resposta a esta petición de mellorar unha estrada provincial, senón noutros aspectos nos que presta toda a colaboración necesaria ós veciños e ó Concello, coma en novas tecnoloxías co Satelíz@te; o asesoramento técnico e xurídico que temos sempre á nosa disposición, ou con iniciativas coma o exitoso Lugoteando, que veu por primeira vez ó Concello”.
As actuacións, que previsiblemente rematarán a vindeira semana, consisten na mellora do firme da estrada LU-P-0101 naqueles puntos onde os técnicos do organismo provincial consideraron necesario, coa aplicación de aglomerado en quente nun tramo de máis de 4 quilómetros. A Deputación de Lugo ten desprazado á zona unha decena de operarios e a maquinaria necesaria: unha pá estendedora; 5 ou 6 camións de transporte de aglomerado e 2 apisonadoras, estando previsto que rematen os traballos no prazo dunha semana. Ademais, habilitarase sinalización horizontal e vertical na totalidade deste tramo.
Conservación da rede viaria provincial
Precisamente a Deputación vén de aprobar o pasado mes de xuño, o inicio do proceso de adxudicación da conservación da rede viaria provincial para o que resta de 2013 e para todo o ano 2014, por valor de 3,4 millóns de euros. A rede de estradas provinciais é a máis extensa de España -conta con case 4.200 quilómetros-, para cuxo mantemento e mellora a institución provincial ten achegado no Orzamento deste ano 5,5 millóns de euros, ós que hai que engadir estes 3,4 millóns.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



