Coida un que o mar de Manuel María – coma o de Leiras Pulpeiro ou o de Cunqueiro—é o mar de Foz. Ámbolos tres tiñan o mar ao norde, e a chaira luguesa e o val de Mondoñedo, en Foz, a saída natural ó mar.
Un garda, na súa memoria de rapaz, a lembranza dos labregos chairegos que por estas datas, tralas duras faenas do campo que impuñan a sega, a malla e demais, chegaban ao mar de Foz, a repoñer os seus corpos esgotados de tanta loita, cos nove baños preceptivos e os días de vagar. Eran os chairegos de Manuel María que por uns días abandonaban a tribo para acudir cada ano á reparadora visita do seu mar…
Acaso non poda dicirse que o poeta tivese amores co mar; os seus amoríos eran mais íntimos, mais próximos; de ahí que a súa lira vibrase con mais emoción ante a presencia do minúsculo regato do Cepelo ou, noutra dimensión, co pai Miño.“ un río de luz, polo que algún día habemos navegar. “O mar –dicía él— é moi grande e eu moi pequeniño”.
Tal evidencia non significa que o vate non fose sensible á realidade maxestuosa do mar, chegando a identificalo co home: “Nós somos mar. Estamos rodeados, cinguidos polo mar” e mesmo a amosar a inquedanza pola problemática social; e fala das “noites de trebón/ que fan naufragar/ a embarcación”, así como da exigua soldada do traballador: “… ao ver o precio do peixe/ é xusto que me queixe/ que non coide normal/ o diñeiro/ que o mariñeiro/ percibe de xornal.”
Manuel María foi un asiduo visitante do mar de Foz, ao que cantou en versos florecidos na súa loanza:
O mar de Foz, amiga, de ronseles floridos
Polo que navegan os versos mais belidos.
Eu a navegar.
O mar de Foz, amiga, de gaivotas e navíos
Leva por mareas os soños mais esguios.
Eu a navegar.
O mar de Foz, amiga, o mar dos mariñeiros
Ten camiños de gozo e camiños tristeiros.
Eu a navegar
I-z ría de Foz,,amiga, ¡qué leda muiñeira,
Si a brisa a navega, cantadora e lixeira!
Eu a navegar
Tan soio no meu mar!.
Viviu Manuel María as emotivas festas mariñeiras da Virxe do Carme, das que foi pregoeiro; e no relato “Cando o mar foi polo río”, levou ó protagonista, Manuel de Paderna, ás festas do San Lourenzo, e a tomar os baños na praia da Rapadoira.
O poeta de terra adentro deixou na beiramar focega, anclada, proa ó Cantábrico, a súa nao mariñeira : a Casa da Cultura que leva o seu nome.
Un cre firmemente que o de Foz, foi – coma para Leiras ou Cunqueiro – o mar de Manuel María
Suso Fernández
Cronista Oficial de Foz






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



