Lugo, 19 de setembro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou hoxe a aposta que realiza Turismo de Galicia “por dinamizar o turismo no eido rural e a promoción da nosa gastronomía” a través do programa Outono Gastronómico, que inicia este mes a súa sétima edición.
Arias presentou hoxe esta iniciativa na provincia de Lugo, na que, segundo indicou, “crece o número de establecementos que participan neste programa, no que este ano se inclúen 29 negocios deste eido, dous máis que no ano 2012”.
Arias, que estivo acompañada pola xefa do servizo de Turismo, Paloma Vázquez, significou que con este programa, o organismo dependente da Xunta de Galicia impulsa “unha oferta complementaria neste segmento do turismo rural”. Así mesmo, a delegada engadiu que se favorece a desestacionalización neste período no que a natureza de Galicia permite desfrutar de estadías moi singulares enmarcadas nas contornas rurais da comunidade.
A representante do Executivo galego na provincia considerou que, a través do Outono Gastronómico achégase aos interesados unha opción que facilita “un xeito de coñecer a esencia da nosa comunidade a través da súa comida e do entorno rural”. O programa estará vixente durante tódalas fins de semana dende o presente mes ata o 15 de decembro.
Na provincia de Lugo, os establecementos que se incluíron nos Outonos Gastronómicos son: Casa de Maside, Casa do Canto da Terra, Rectoral de Castillón e Casa dos Muros (Pantón), O Almacén e Casa do Mudo (Cervo), Casa Grande de Anllo e Casa Condiño (Cospeito), Casa Caxigueiro e Rectoral de Goián (Sarria), Casa Blanco e A Parada das Bestas (Palas de Rei), Casa Grande de Rosende e Rectoral de Anllo (Sober), El Rincón de Anita (Foz), Finca O Bizarro (Trabada), Casa Cazoleiro (Meira), Longarela Casa Rural (Castroverde), Casa Grande da Fervenza (O Corgo), Casa O Crego (Cervantes), Casa de Láncara (Láncara), Pazo de Ludeiro (Monterroso), A Lareira (As Nogais), A Casa da Cabaza (O Incio), Casa do Romualdo (Taboada), Casa Vilamor (O Saviñao), Casa Caselo (Folgoso do Courel), Pazo do Piñeiro (Chantada) e Casa Grande da Ferrería de Rugando (Quiroga).
Axudas para melloras turísticas
Arias fixo énfase tamén no “pulo” do Executivo galego, a través da Turismo de Galicia, para a modernización do sector do turismo rural. Para o caso lucense, a delegada destacou que nesta provincia concéntranse este ano “as maiores achegas para mellora de infraestruturas turísticas”. De feito, dentro desta liña de axudas, Lugo recibiu preto de 260.000 euros (258.753,38 euros), cos que se beneficia a 19 establecementos de toda a provincia.
A provincia de Lugo, engadiu Arias, superou en case 5 puntos á media das outras provincias, chegando a máis do 28 % do orzamento total dedicado en toda a comunidade galega.
Así mesmo, Arias recordou que ademais da liña de infraestruturas turísticas este ano dispuxéronse tamén varias liñas de axuda destinadas a fomentar a mellora do produto e das infraestruturas turísticas galegas a través de subvencións á certificación da Q de calidade, comercialización do destino Galicia a través das axencias de viaxe e equipamento para as empresas de servizos turísticos complementarios. Por outra banda, tamén se habilitou un programa de axudas aos concellos para o desenvolvemento das festas declaradas de interese turístico galego, que aínda está aberto o prazo para a súa solicitude ata o 30 de outubro. De feito, ata o momento, na provincia de Lugo solicitouse axuda para 13 festas das 24 declaradas de interese turístico galego.
Novas posibilidades na presente edición do ‘Outono Gastronómico’
Arias recordou que este ano os Outono Gastronómico incorpora como novidade a posibilidade de regalar unha experiencia gastronómica e rural en Galicia a través do Bono Agasallo Outono Gastronómico. A través desta iniciativa, os usuarios teñen a posibilidade de celebrar un acontecemento ou ocasión regalando aos seus amigos ou familiares un bono para gozar dun Paquete do Outono Gastronómico.
Deste xeito, o convidado terá a posibilidade de escoller calquera das casas de turismo rural da guía editada con motivo desta promoción e decidir a estadía que prefira dentro dos tres meses de duración da campaña. Deste xeito, a persoa que regala o bono pode activalo chamando ao teléfono de Turismo de Galicia ou a través do correo cir.turgalicia@xunta.es para poder regalar esta experiencia.
Outras ofertas do programa
Na edición 2013, o Outono Gastronómico conta no total da comunidade coa participación de 117 establecementos rurais. As casas de turismo rural de Galicia participantes neste programa ofrecen as seguintes posibilidades:
1. Un Menú Outono Gastronómico. Pode escollerse entre dúas opcións en cada casa e cada unha delas consta de entrante, primeiro prato, segundo prato e sobremesa, café ou infusión, viños con Denominación de Orixe galega e outras bebidas. O prezo é de 30 euros por persoa.
2. Un Paquete Outono Gastronómico que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e pasar a noite na casa de Turismo Rural elixida, incluíndo os almorzos do día seguinte –pódese escoller a noite do venres ou a do sábado-. O prezo é de 110 euros (2 persoas/cuarto dobre) ou de 70 euros (1 persoa/cuarto individual).


















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



