Foz, 19 de setembro de 2013. O vindeiro sábado, 21 de setembro, ás 12 do mediodía na Casa da Cultura focense terá lugar unha sesión extraordinaria da Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo. O motivo deste acto é a concesión a Foz do título de académico de honra, distinción que o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, considera moi importante e que indica a transcendencia que tivo e ten a basílica de San Martiño.
O rexedor municipal indicou que “se trata dun acto moi importante que pon de manifesto a transcendencia que tivo e ten a basílica de San Martiño de Mondoñedo, que no século X era un dos piares importantes da cultura do Reino de Galicia. Foi tamén un lugar importantísimo para unha das personaxes máis relevantes daquel momento, que foi o bispo San Rosendo. El iniciou os seus pasos nesta sede episcopal e pasou aquí grande parte da súa vida, arrincou co seu tío, Sabarico II, a súa longa traxectoria como bispo e coma personaxe transcendental nesa época en Galicia”.
Javier Castiñeira subliñou que “para nós é unha honra recibir este recoñecemento por parte do director da academia e por parte dos bispos de Mondoñedo-Ferrol e Ourense. O noso agradecemento a don Segundo Leonardo Pérez López, como presidente da Academia San Rosendo, por querer estar en Foz para celebrar esta sesión extraordinaria e por recoñecer a importancia histórica de San Martiño de Mondoñedo, unha zona de cultivo da cultura e do patrimonio histórico de Galicia nesa época”.
O alcalde agarda que “os focenses acudan a este acto que terá lugar na Casa da Cultura o vindeiro sábado. Alí intervirán, ademais do presidente da Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo, o bispo de Mondoñedo-Ferrol, o cronista oficial de Foz e eu mesmo, coma alcalde. Ao acto acudirá tamén o rexedor de Ferrol, que recollerá o recoñecemento que tivo o ano pasado”.



















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



