A Asociación de Xubilados Terramar organiza unha festa na honra de San Ciprián que se celebrará o día de San Ciprián, o 26 de setembro, que inclúe actos relixiosos, unha comida de confraternidade e baile. O presidente da entidade, Antonio López, presentou o cartel e o programa xunto ao presidente da asociación Anxuela, José Ramón Soto, entidade que colabora nesta festividade, ao igual que o Concello de Cervo.
En concreto, os actos comezarán ás 13:00 horas cunha misa solemne na capela do Porto de Arriba na honra a San Ciprián, cantada pola Coral Terramar. Ao remate arrincará a sesión vermú amenizada polo Trío Vivarium no salón de actos da Casa do Mar. Os eventos continuarán ás 14:30 horas cun xantar de confraternidade nos restaurantes Buenavista e Noso Lar, na que terán prioridade os asociados da entidade e acompañantes aínda que, se quedan prazas libres, tamén poderán acudir os non socios. Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, será o momento da verbena no salón de actos da Casa do Mar, tamén co Trío Vivarium.
Uns actos para festexar o día do patrón da vila que a Asociación de Xubilados Terramar vén organizando nos últimos dez anos. “Esta é unha festa con moita tradición e na que compartimos un día de actividade e confraternidade ao tempo que celebramos o día de San Ciprián” explica o presidente da entidade. Pola súa banda, o presidente de Anxuela asegura que “queriamos colaborar con esta celebración pola súa labor de socialización e de encontro”.
Antonio López leva 17 anos á fronte da entidade, na que hai rexistrados uns 500 socios e que organiza multitude de actividades ao longo do ano como excursión e saídas, comidas ou bailes entre outras moitas.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



