O pivote laranxa Jorge Matamoros regresou onte a terras mariñás logo do seu exitoso periplo coa Selección Española en Ceuta a comezos de semana. “É un orgullo volver estar entre os elixidos” recoñecía o xogador do CD Burela FS Peixes Rubén.
O madrileño mostrouse pletórico por poder gozar dunha nova oportunidade coa Vermella, no preparatorio do Europeo 2014, co agasallo engadido do dobre triunfo ante Bélxica (5-2 e 8-2): “Despois de case un ano sen estar na selección a noticia chegoume con sorpresa; o traballo que estou realizando en Burela dábame confianza para manter a esperanza de dispoñer doutra oportunidade” explicaba Matamoros, autor do 2-0 no segundo amigable, destacando o “bo sabor de boca co que me reincorporo ao día a día laranxa tanto polos resultados do equipo como pola miña contribución”.
Matamoros só tivo palabras de eloxio para a Selección e os seus compañeiros: “O equipo está repleto de grandísimos xogadores; a calidade do grupo é garantía suficiente para facilitar a incorporación e o traballo de calquera individualidade. Ademais todos nos coñecemos; o compañeirismo que reina entre todos axúdanos e esa relación reflíctese nos bos resultados sobre a pista” relataba o burelista, xa con todos os sentidos depositados na competición de Primeira División: “Agora só penso en seguir traballando e facelo o mellor posible co meu equipo para dar moitas alegrías en liga”. Con respecto ao seu posible futuro con España, Matamoros recoñecía que “será difícil facerse un oco porque José Venancio xa dispón dun grupo feito, pero seguirei traballando porque se tiven esta oportunidade podo gozar de máis”, concluía o pivote.
Foto: LNFS






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
