Na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña vense desenvolvendo, no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela, a acción formativa “Inicio á Talla de Madeira” dende o 25 de xuño. Esta iniciativa está subvencionada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, a través do Plan Galego de Inclusión Social.
Hoxe 27 de outubro finalizan ás sesións teórico- prácticas de formación. Durante o mes de outubro terán lugar ás visitas á Asociación Amigos da Madeira de Ribadeo onde os usuarios completarán a súa formación práctica.
Ademais da adquisición de formación básica e de tipo laboral específica, adaptada ás necesidades dos integrantes do grupo, traballáronse habilidades sociais e prelaborais (puntualidade, compromiso, orde, limpeza, seguridade,…).
Todo isto non fixo máis que aumentar a autoestima dos nosos usuarios e, polo tanto a súa calidade de vida.