Foz, 27 de setembro de 2013. O PP de Foz vota en contra de condenar a represión franquista no Concello. O Bloque Nacionalista Galego valorou a sesión do Pleno do Concello celebrado na xornada do xoves onde á marxe de someterse a debate diversas propostas dos nacionalistas así como a apertura dun novo proceso de exposición publica do plan xeral e o ditaminar ás máis de 1800 alegacións que no seu momento se presentou ao PXOM aprobado inicialmente en 2007.
O PP de Foz négase a condenar o franquismo
O Portavoz do BNG Xoán Carlos González Basanta ao mesmo tempo que mostrou a súa estrañeza polo feito de que o PP de Foz se negara a condenar ao franquismo, algo que é o que están a facer noutras corporacións, agradeceu “aos populares de Foz a súa claridade e sinceridade ao negarse a na ditadura franquista e recoñecer social e institucionalmente ás vítimas do franquismo que representan máis de 77 persoas. O PP que vimos no Pleno de Foz é o PP en estado puro, o PP sen complexos, o PP que dá por bo en base ao “algo farían os paseos do 36”, o PP que non lle importa condenar unha vez máis aos represaliados do 36, os que consideran unha broma á defensa de Franco ou sacar a bandeira coa galiña. O PP de Foz, en definitiva mete medo, semella máis ás brigadas negras que percorreron os pobos de Lugo ou aos coches do cangrexo que circulaban pola Mariña que unha formación democrática, isto é, as posicións que defende o PP non collen no marco político actual. Está claro que a súa fidelidade é a de Francisco Franco, a das leis Fundamentais do Movemento e o que resulta máis preocupante é a súa negativa a rachar o cordón umbilical co franquismo”. Xa por último, Basanta anunciou que o BNG promoverá unha condena do Parlamento Galego ao alcalde de Foz por negarse a condenar o réxime de Franco, se ben destacou que os 8 votos da oposición serviron para que saíra adiante a proposta nacionalista de condenar a ditadura.
Foz non ten garantida unha residencia
O Pleno da Corporación aprobou sen ningún voto en contra a proposta do BNG de solicitar á Xunta de Galiza unha residencia da Terceira Idade que entre en funcionamento en 2015 cun número de praza de residentes e centro de día que supere ás 100, cantidade moi por riba da recollida na proposta da Consellaría. “Non deixa de ser curioso que o propio alcalde no Pleno co seu voto recoñecese que o número de prazas é insuficiente e que, mesmo antes de ter o proxecto redactado, xa fale de aumentar o número de prazas. En definitiva, esta residencia de play móbil que defende a señora Mato e o seu fiel servidor en Foz, Castiñeira, pretende vender como un éxito unha residencia que non está garantida e que, con absoluta seguridade, non estará executada en 2015, o que vai seguir a aumentar a discriminación que en materia social padece o Concello de Foz. Abonda repasar as dotacións para maiores en concellos con menos poboación que Foz e as dotacións de Foz. Só o bipartito apostou por Foz nesta materia, primeiro coa construción da escola Infantil do antigo Hotel Bahía e despois coa proposta de residencia que o Sr. Feijóo paralizou en 6 anos. Cando se trata de cumprir con Foz o PP anda a paso de tartaruga”.
Alcalde promotor ou interese xeral
O Bloque Nacionalista Galego denunciou a irresponsabilidade do resto de grupos da corporación que deron por bo un ditame sobre as alegacións ao Plano de 2007, un ditame que só acepta unha parte ínfima das máis de 1800 alegacións apresentadas naquel momento e aínda van máis aló cando mostran a súa negativa a contestar individualmente. “Se chegamos á situación urbanística na que se atopa Foz foi fundamentalmente pola falta de vontade política de quen gobernou o Concello, non por un problema de lexislación nin tampouco de normativa. A desfeita urbanística de Foz, o urbanismo á carta, a discrecionalidade, a falta de defensa do interese xeral, un urbanismo ao servizo dos promotores ten responsábeis, isto é, populares e socialistas que gobernaron o Concello”, precisou Basanta.
“A nosa posición é que Foz conte cun instrumento de planeamento que aumente os estándares de calidade de vida, que faga un Concello máis habitábel e que resolva o problema da vivenda, agardamos que esa posición se abra paso, se ben non hai motivos para o optimismo despois de dar uns e outros o visto bo a un documento que persevera na desfeita e aínda máis cando temos un alcalde que non deixa de ser un home do sector do ladrillo”, concluíu o portavoz nacionalista.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



