O Burela B Pescados Rubén caeu derrotado por 1-3 en Vista Alegre ante o Troula Betanzos, na segunda xornada da Terceira División. O conxunto dirixido por Lucas iniciou o duelo enchufado pero o tanto de estratexia de Óscar, minuto 4, cortou o bo arranque burelés. O 0-1 reforzou a idea orixinal do Troula que se dedicou a esperar e buscar o contragolpe ante un Burela B que dominou, pero non foi capaz de igualar ao descanso.
Na continuación, os laranxas incrementaron o seu dominio e Pancho fixo xustiza logrando o empate a un, minuto 30. Os bureleses gozaron de ocasións para adelantarse pero, unha vez máis a estratexia penalizou ao cadro local. Alan cazou un balón ao segundo pau tras saque de esquina e subiu o 1-2 ao electrónico, a tres minutos do final. Os mariñáns buscaron o novamente o empate co meta Javi xogando de cinco pero foi o Troula quen, dende a propia pista, sentenciou por mediación de Iago Socastro logrando o 1-3 definitivo.
Ficha técnica
Burela B Pescados Rubén: Brais, Manu, Carlitos, Keko, Alemán –cinco inicial- Aitor, Xoel, Pancho, Helder, Javi.
Troula Betanzos: Nicolás, Óscar, Iago Socastro, Iván, Felipe –cinco inicial- Rubén, Lorenzo, Alan, Manuel, Fernando.
Goles: 0-1, m.4, Óscar; 1-1, m.30, Pancho; 1-2, m.37, Alan; 1-3, m.38, Iago Socastro.
Árbitros: Rivas Fouz, Menéndez Nistal. Viveiro.