Mondoñedo, 06 de outubro de 2013- A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar, achegará preto de 60.000 euros, -57.764,50 euros-, para a mellora de vías no rural de Mondoñedo. Esta axuda enmarcase dentro do Programa de mellora de camiños de titularidade municipal, que ten unha vixencia temporal que inclúe as anualidades 2013 e 2014.
A voceira dos populares locais, Elena Candia, explica que as actuacións que poderán ser incluídas ao abeiro deste plan marco son obras de ampliación, mellora ou mantemento de camiños agrícolas ou pistas rurais que sexan de titularidade do Concello de Mondoñedo.
E deste xeito, o Grupo Municipal do Partido Popular, mostra do seu traballo activo, rexistrou un escrito cunha serie de propostas de obras a executar ao abeiro do Programa, dando traslado ás demandas dos veciños.
Asemade, en dito documento os populares tamén solicitan que se programen reunións coas asociacións de veciños do concello para que de xeito participativo podan aportar as súas necesidades e se estableza unha listaxe de prioridades para acometer as inversións de xeito eficiente
Proposta dos populares
A proposta dos populares inclúe que se teñan en conta acometidos de melloras en varias parroquias, como son Figueiras, Oirán e Santa María Maior; dado a necesidade de realizar obras que permitan arranxar camiños e pistas municipais nestas localizacións.
En concreto, os populares piden que se adecúe un camiño rural en Figueiras, que vai dende o lugar do Rego (San Martiño) ata o termo municipal de Alfoz, dado o pésimo estado que presenta e sendo de gran uso para os veciños da zona.
Asemade, no escrito rexistrado polo Grupo Municipal do PP tamén se urxe a reparación dos danos ocasionados nunha pista de Vilamor, froito das obras que se acometeron para canalizar a auga dende a fonte da Regañada ata o polígono industrial. Trátase dunha pista de pouca lonxitude, pero moi transitada polos residentes no lugar; matizan os populares.
A mellora dun acceso entre vivendas no barrio da Ferrería, en Santa María Maior, tamén se atopa entre as propostas dos populares, unha obra “moi necesaria dado o lamentado estado no que se atopa esta pista” nunha parroquia “que se converteu na gran esquecida polo equipo bipartito dende que entrou no goberno”.
Candia tamén explica que no escrito tamén se lle pide ao equipo de goberno local que programe de xeito inmediato unha reunión coa asociación de veciños de Oirán para acordar con eles unha intervención na súa parroquia, “dado os pasos que xa teñen dado para poder materializar unha intervención necesaria para os veciños”, aplica a popular.
Necesidade desta axuda
Os populares locais agradecen unha vez máis a implicación da administración autonómica no municipio e máis cando se tratan de actuacións que permitirán mellorar a calidade de vida dos veciños das parroquias, “as grandes esquecidas polo goberno municipal”.
Dende o Partido Popular local tachan de “moi necesaria” esta actuación, promovida polo goberno galego, e que se insire dentro do obxectivo global dos plans de mellora das infraestruturas do medio rural, que persegue que a totalidade dos concellos de Galicia se beneficien da mellora das súas infraestruturas básicas, de xeito particular, daquelas que inciden na mellora da calidade de vida da súa poboación rural.
Segundo explican os populares, existen aldeas que teñen só un camiño de comunicación co núcleo urbano e que presentan un “pésimo estado” froito da “despreocupación” do goberno municipal, polo que esta achega da Xunta de Galicia “permitirá a materialización de infraestruturas de gran demanda para os veciños
Reunión comité
O comité local do Partido Popular de Mondoñedo manterá esta tarde unha reunión na sede do Partido, para tratar, entre outros temas, sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Sobre isto, o PP iniciou unha campaña informativa polas parroquias tras que no pleno celebrado en setembro se acordara dar continuidade á tramitación do Plan, logo das reivindicacións trasladadas polos populares dada a inexplicable paralización na que se atopaba.


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



