Logo de que a Xunta de Galiza, gobernada polo PP, deixara sen fondos aos concellos de menos de 20.000 habitantes para o Servizo de Axuda no Fogar Básico, estes teñen que facer fronte ao mantemento deste servizo social coas aportacións que reciben da Deputación Provincial de Lugo e con fondos propios. Trátase dun servizo elemental do que se benefician numerosas persoas fundamentalmente nos espazos rurais.
A voceira do BNG declarou, facendo referencia ás declaracións do voceiro do PP nas que dicía que a Deputación Provincial non fixera fronte ao custe total do SAF no Concello, que “as súas palabras son indecentes, un acto de cinismo. Jorge García é totalmente consciente de que se trata dunha competencia da Xunta do PP, e que o seu partido non quere asumir por cuestións políticas e ideolóxicas, non lles interesan os problemas da xente, e minte sen ningún reparo”.
A situación é cada vez máis grave e o Goberno da Xunta de Galiza non pode seguir eludindo as súas responsabilidades, e moito menos descargándoas noutras institucións, á hora de dotar aos concellos rurais dos recursos económicos e humanos necesarios para facer fronte a este grave problema social e asegurar a prestación acaída do servizo de axuda no fogar aos miles de familias galegas que o necesitan e o están demandando a diario.
Desde xeito, presentaremos unha moción, onde instaremos ao Pleno o acordo para esixir á Xunta de Galiza a incorporación dunha partida orzamentaria nos Orzamentos para facer fronte a este servizo social básico.

















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



