Lugo, 07 de outubro de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular denuncia que o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, apoiase o despedido de traballadores de SUPLUSA, cando existe unha sentenza que cualifica de improcedentes estes despedimentos. Así, os populares censuran que o socialista destine diñeiro público dos lucenses para indemnizar a varias persoas que foron despedidas de forma improcedente.
Ante esta situación, os populares lamentan a actitude do presidente provincial trala solicitude de convocatoria de Xunta Xeral Extraordinaria por parte do grupo popular rexistrada o pasado 21 de setembro, tras a recepción dun auto de data 12 de setembro de 2013, no que o Xulgado do Social nº3, requiría a SUPLUSA que no prazo de catro días hábiles, a partir do 19 de setembro, -data de recepción-, se posicionase a favor da readmisión ou da indemnización dos traballadores.
Os populares solicitan no punto dacordo da Xunta Xeral Extraordinaria que se procedese á readmisión dos traballadores, e se dese conta desta situación no prazo establecido. Porén, dende o Grupo Popular denuncian que Gómez Besteiro retrasase intencionadamente a celebración da Xunta Extraordinaria, órgano importante, co único obxecto, explican os populares, de que collera firmeza a sentencia que avala a opción de indemnizar aos traballadores, no lugar de readmitilos, sen que houbese posibilidade de dar marcha atrás.
O BNG, un partido que vende aos traballadores por manterse no sillón
Os populares lamentan a actitude posta de manifesto polo Grupo Provincial do BNG na Deputación, que ata o dagora se posicionara a favor da readmisión dos traballadores, pero que hoxe chegou incluso a vender ao seu sindicato afín “simplemente por manterse no sillón”.
Dende o Grupo Provincial do Partido Popular censuran este cambio de opinión do BNG, que incluso lle negou o voto aos populares na última sesión plenaria, na que o GPP rexistrou unha moción de urxencia para que se readmitise estes traballadores, tendo en conta que Gómez Besteiro non convocaba a Xunta Extraordinaria.
Os populares lamentan que estes partidos de esquerdas que están a defender de maneira reiterada os dereitos dos traballadores “á hora da verdade dedícanse a destruír postos de traballo”. Deste xeito, tanto Besteiro como o Veiga son os responsables do despedimento declarado improcedente dos dous traballadores de SUPLUSA.
Antecedentes
Dous traballadores da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A., SUPLUSA, presentan o 23 de decembro de 2010 unha reclamación para corrixir a cantidade que cobraban do seu salario, dado que consideraban que este estaba calculado de xeito incorrecto. Así, o Xulgado do Social de Lugo ditaba sentencia o 5 de xullo de 2011, na que avalaba a reclamación dos traballadores e obrigaba á entidade demandada a aboarlles a cantidade adebedada con recargo de mora.
O mesmo día da notificación da sentenza, SUPLUSA envía un comunicado de despido destes dous traballadores que prestaban servizo dende 2006 coa categoría de profesional de xardineiros.
A día de hoxe existe sentenza firme que revela un claro incumprimento por parte de SUPLUSA e declara improcedente o despido de ambos dous traballadores. Esta situación foi levada ata en tres veces ao pleno da Deputación e á Xunta Xeral Extraordinaria de SUPLUSA; ocasións durante ás que os populares pediron a readmisión destes traballadores, contando estas primeiras ocasións co apoio do BNG.
Un auto do 12 de setembro de 2013, requiriulle á SUPLUSA que notificara nun prazo de catro días hábiles a súa opción a favor da readmisión dos traballadores no seu posto ou da súa indemnización pola extinción laboral coa entidade. De aí que o Grupo Provincial do PP solicitara Xunta Xeral Extraordinaria para que se readmitira aos traballadores.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



