Un dos grandes protagonistas do derbi lucense foi o viveirense Christian Chao. O ala laranxa, do que soan rumores dunha posible convocatoria da Selección de Chile debido á súa ascendencia materna, selou dobrete nun rifado e emocionante empate 3-3 ante o Azkar Lugo FS que cualificou de xusto, aínda que con certos matices: “Creo que houbo unha parte para cada equipo. O Azkar entrou máis forte, foi superior na primeira parte e dispuxo de ocasións para ampliar as distancias. Con todo, na segunda parte igualouse o encontro e nós soubemos ir a máis”.
O mariñán mostrouse pletórico pola súa contribución do primeiro e terceiro tantos, custodiando o segundo de Matamoros. “Estou moi contento, tiven a sorte de axudar o equipo con dous goles, aínda que é unha pena que só sirvan para sumar un punto” confesaba Christian, aínda cunha pequena espiña cravada por non dispoñer de algo máis de tempo para facerse co partido. “Fomos de menos a máis. Estou seguro de que conseguiriamos os tres puntos se o partido durase un pouco máis” sentenciaba o burelista.
Christian volve ao traballo con moitas ganas para prepararse para a dura fazaña que se aveciña. “Achégase unha semana dura, con tres citas en tan só sete días. O sábado recibiremos na casa a Manacor, un rival dos de abaixo do que debemos sacar renda e máis sendo en Vista Alegre. Tamén estamos obrigados a facer os deberes en Zaragoza, o mércores 16; é un equipo onde tamén houbo cambios. Dous bos resultados nestes compromisos darían moita tranquilidade e motivación para recibir o FC Barcelona na sétima xornada, o 19”, concluía o xogador laranxa.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
