As xogadoras laranxas conseguiron este sábado tres importantísimos puntos nunha das pistas máis complicadas de Primeira RFEF e fronte a un dos equipos máis reforzados da temporada, UA Alicante (2-5). Con esta vitoria o Burela FS Pescados Rubén suma 10 puntos e ocupa o cumio da clasificación, empatado co Atlético de Madrid Navalcarnero, que venceu ao Soto del Real (2-6).
O cadro mariñán tivo que traballar para adaptarse a unha pista lenta na que estivo máis como o UA Alicante durante os dez primeiros minutos, con oportunas aparicións da galega Patri baixo os paus. Foron precisamente as locais as que fixeron valer o seu dominio para inaugurar o electrónico no minuto 13, nun lanzamento de Sara que rebotou no corpo dunha xogadora burelista, unha acción non exenta de polémica que desencadeou na expulsión de Quico Otero. Este gol non fixo dano nas filas laranxas, que pouco a pouco foron adquirindo tranquilidade e control de xogo. O merecido empate chegou no 18, de Peque a balón parado, resultado co que se entrou no descanso.
No segundo período xa reinou a cor laranxa, con dominio, control e acerto do Burela FS. Aínda que se resistiu, o 1-2 subiu no 27, outra vez de Peque. Bea Mateos ampliou distancias no 33 e as locais reaccionaron con porteira xogadora, a falta de cinco minutos. Con Ana baixo os paus, Maite encontrou oco para subir o 1-4, pero as levantinas volveron ao xogo de cinco e aí encontraron unha fenda na defensa laranxa, para reducir distancias (minuto 36, Mónica). Sen embargo, o Burela FS non estaba disposto a ceder máis terreo; Lidia logrou sentenciar con 2-5, no 38, aproveitando un contraataque no que volvía á pista a meta local.
Ficha técnica
UA Alicante: Ana, Fátima, Noelia, Paula e Andrea Soriano, quinteto inicial; tamén xogaron Mónica, Sara, Lorena, Andrea Castelló
Burela FS Pescados Rubén: Patri, Bea Mateos, Maite, Peque e Lidia, quinteto inicial; tamén xogaron Claudia e Lara
Goles: 1-0, minuto 13, Sara; 1-1, minuto 18, Peque; 1-2, minuto 27, Peque; 1-3, minuto 33, Bea Mateos; 1-4, minuto 35, Maite; 2-4, minuto 26, Mónica; 2-5, minuto 38, Lidia
Tarxetas: Por UA Alicante, expulsada Fátima no minuto 25, por dobre amarela. Por Burela FS, amarela Bea Mateos no minuto 2; Quico Otero foi expulsado con vermella no 13.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
