Cada outono, Mondoñedo convértese en lugar de cita para milleiros de festeiros e feirantes de diversos puntos de Galicia, e de fora dela, atraídos pola singularidade dun evento prestixiado ó longo dos tempos: as súas feiras e festas das San Lucas. O engado da ancestral cidade engaiola a quen se achega a ela co espíritu disposto e a sensibilidade receptiva para captar a mensaxe histórica que, desde un desusado silencio, emana das vellas pedras que labraron os seus artesáns; dos sons das melodías dos músicos insignes ou dos versos apaixoados dos egrexios poetas, Pero chegadas as datas das San Lucas a cidade adquire unha nova dimensión; o xentío, festexeiro e barullador, invade as rúas e Mondoñedo, cal vella e paciente matrona, acolle no seu regazo a cantos a ela acuden, á procura dunhas horas de solaz na compaña de xentes ás que a longa historia investíu de fidalguía e do don da xenerosa hospitalidade-
As feiras das San Lucas conservan, en boa medida, o feitizo dos vellos feirais e seguen a ser ocasión para mercar os mellores productos naturais e artesáns da bisbarra; as noces, as castañas e o mel, a cerámica, as pezas de buxo e os cestos de vimbio ou os mais insospeitados artiluxios de antiga usanza, que fan das San Lucas un singular certame comercial, no que prevalecen valores xa case esquencidos e sobre todo, como escribiu Cunqueiro “os potros bravos, os fillos do vento, as greas peludas e asustadizas que para acudir ó feiral patean as pedras da calzada romana”..Mondoñedo conserva o engado da súa personalidade diferenciada.Cada outono mariñán ten o mais importante evento festeiro, comercial e social nas seculares as San Lucas, efeméride para o encontro obrigado das xentes que se espallan por unha comarca que ten como centro xeográfico a torre da catedral da Asunción, e que acuden á chamada da histórica campá coñecida por A Paula.Como confirmación da antiguedade das feiras mindonienses, digamos que éstas, as San Lucas, son 55 anos mais vellas que a catedral de Santiago. Non falte á cita, lector amigo.
Suso Fernández
























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



