O Colectivo Cultural Ollomao entregou este venres no centro social de Cabarcos, os premios da III edición do certame fotográfico “Enfocando Barreiros”. O xurado, composto por José Reigosa, Xulio Villarino, Pepa Losada, José María Pérez Rielo e José María Álvez, tivo que evaluar cada unha das 99 fotografías recibidas ata obter unha clasificación final co reconto de puntuacións.
Os premios foron entregados por Antonio Veiga Outeiro, vicepresidente da Deputación de Lugo e por José María Pérez Rielo, médico exercente en San Cosme de Barreiros cunha longa traxectoria como aficionado á fotografía, quen parabenizou a posta en marcha “deste tipo de iniciativas que fomentan a participación das nenas e nenos en actividades relacionadas coa natureza e o coñecemento das tradicións e que actúan como alternativas de ocio para as familias”, á vez que destacou a alta calidade das fotografías participantes.
A gañadora do primeiro premio da modalidade adulta foi Natalia Blanco Pérez, veciña de Barreiros, coa fotografía “A gran nevada” e se corresponde cunha imaxe ao solpor na carretera do Tallo, en Vilamartín Grande. Ademais dos 250€ de premio, a gañadora conta co convite de Ollomao para formar parte do xurado da IV edición do certame. O segundo premio, de 150€, foi para Eduardo Trinchant, veciño de Madrid que tomou durante as súas vacacións en Barreiros a instántanea titulada “Rulos”, dun tractor cargando rolos de herba seca en Remior. Finalmente, a gañadora da modalidade infantil foi Ana Peña Ares, de Ribadeo, quen levou unha cámara fotográfica semireflex pola toma “Segando” na cal se aprecia a un veciño da Barranca, en San Miguel de Reinante traballando nesa labor. Todas as nenas e nenos participantes levaron ademais como agasallo unha camiseta do festival Ao Son do Masma, que organiza conxuntamente Tumba e Dálle e Ollomao.
Durante o acto de entrega de premios, o C.C. Ollomao proxectou un vídeo con todas as fotografías participantes o cal poderán ver todas as persoas que o desexen entrando na seguinte ligazón: https://vimeo.com/76735880. Dende a organización parabenizan e agradecen tanto as persoas gañadoras como a todas as participantes a súa implicación neste certame, que recibiu fotografías de persoas dende Navia ata Viveiro. Asimesmo, consideran que este tipo de iniciativas, así como o Roteiro Fotográfico polo rural barreirense e o Roteiro polo Camiño da Prehistoria organizado xunto co C.C. Os Tres Pés de Trabada, serven para ensinar unha parte descoñecida do concello como é o seu rural, poñéndoo en valor e demostrando que os recursos de Barreiros son moitos máis que os seus marabillosos areais. O C.C. Ollomao seguirá traballando nesta liña nas súas próximas actividades, que é precisamente a temática escollida para a labor cultural da asociación para este ano 2013.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



