Voluntarios de Alcoa San Cibrao cocinarán menús cardio-saudables cos alumnos do Instituto de Enseñanza Superior Marqués de Sargadelos o luns, 14 de outubro, co obxectivo de introducilos no hábito da alimentación cardio-saudable. A Asociación de Pais do centro, promotora da actividade, recibe ademais 3.000 dólares da Fundación Alcoa como apoio á súa labor educativa e á colaboración dos voluntarios da fábrica.
Os voluntarios farán a compra dos alimentos, que logo prepararán e cociñarán xunto con alumnos, profesores e padres e nais. Todos participarán nas labores culinarias para probar polo menos dez menús distintos cardio-saudables.
Alcoa e Fundación Alcoa, xunto cos voluntarios da fábrica de San Cibrao, veñen colaborando de maneira intensa co IES Marqués de Sargadelos, destacando a creación e desenvolvemento do ciclo Superior de Química Industrial e o proxecto de “Formación en Eco-Innovación” no desenvolvemento, así coma noutras iniciativas tanto da institución educativa coma da ANPA do centro.
Con esta actividade, os voluntarios da fábrica de Alcoa en San Cibrao continúan co seu intenso Mes do Voluntariado, que iniciaron cunha xornada dedicada ás personas con discapacidade intelectual acollidas no Centro Asistencial San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo, continuaron cunha campaña de recollida de roupa para SOS África e doazón de sangue para a Cruz Vermella, e continuarán cun intenso programa de actividades solidarias nas vindeiras semanas.
Fundación Alcoa susténtase dos seus propios activos financieiros e non dos beneficios de Alcoa. O seu principal obxectivo é mellorar a calidade de vida nas comunidades nas que a compañía está presente. Alcoa promove e respalda o voluntariado solidario e a acción social na comunidade dos seus empregados, para o que conta con programas específicos, os plans Acción e Bravo.






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



