O recente anuncio do “rexeitamento” do proxecto mineiro de Corcoesto, lonxe de significar unha volta atrás nos planos Xunta de entregar o país ás mineiras (o PSAEG segue en marcha, con máis “Corcoestos” dentro) evidencia a hipocrisía dunha administración que pedíu “solvencia financeira e técnica” a Edgewater mentres obviou os riscos ambientais e de saúde dun proxecto delirante. Cómpre lembrar que a Xunta deu o visto bó ambiental a Corcoesto, malia ás graves carencias ambientais e aos riscos de usar cianuro.
En ADEGA queremos advertir fronte a estes anuncios, sen mediar resolución expresa algunha, máis froito da presión social e as evidencias científicas das desfeitas que da responsabilidade de quen segue a tramitar o saqueo mineiro do país co PSAEG. En realidade, a Xunta só lle di ás mineiras que o noso ambiente e a nosa saúde véndense máis caras.
Mentres, ducias de proxectos en diversas fases de tramitación ameazan co mesmo modelo de minaría insustentábel de Corcoesto a moitas comarcas do país.
Mentres, a Xunta segue a tramitar un Plano Sectorial (PSAEG), para laminar os trámites e as garantías ambientais e legais que aínda protexen o territorio.
Mentres, a Xunta segue concedendo permisos mineiros, permisos dos que por certo desfruta Edgewater en Corcoesto por 90 anos e que pode “revender” a outra empresa meirande e con máis liquidez que desenvolva exactamente o mesmo proxecto… baixo outra marca.
Dende ADEGA advertimos: Mentres o actual marco normativo non peche a porta á megaminaría contaminante, vete o uso do cianuro, e antepoña o ambiente e a saúde das persoas ao beneficio das mineiras, ningún lugar estará a salvo doutro Corcoesto.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



