Ribadeo, 16 de outubro de 2013. A Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos de Ribadeo acaba de asinar dous convenios, uno con Seguros Catalana Occidente e outro con Keeper Galicia, co obxectivo de mellorar as condicións dos socios de ACISA.
O presidente do colectivo empresarial, Roberto Rivas Tomé, sinalou que “lo que estamos haciendo a lo largo de los últimos años es firmar convenios con aquellas empresas asociadas que quieren ofrecer servicios concretos a nuestros socios, a sus compañeros, en unos casos mejorando las condiciones de sus productos, haciendo estudios personalizados sin coste…”.
Aos actos de firma, que tiveron lugar nas últimas horas, asistiron o delegado na provincia de Lugo do Grupo Catalana Occidente, Alfonso Barreiro Rodríguez; o xerente de Keeper Galicia, M. Álvaro López Vázquez; e o delegado en Ribadeo de ambas firmas e socio de ACISA, Juan Manuel Fernández Singh. Keeper Galicia é unha entidade dedicada á instalación e mantemento de sistemas de seguridade e protección contra incendios.