As categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén completaron a axenda da fin de semana con tres vitorias, un empate e tres derrotas.
En Liga Nacional Xuvenil continúan a súa boa estrea con 1-5 na pista do Esteo FS. Tamén saíron triunfantes dos seus respectivos compromisos, os máis pequenos na visita a Lourenzá, con 1-3 para benxamíns e 2-3 para alevíns; non obstante, infantís e cadetes tiveron máis complicacións, con marcadores desfavorables, 6-1 e 6-3 respectivamente.
O conxunto infantil tamén conseguiu puntuar en Liga Autonómica no derbi ante os transportistas (2-2). Non tiveron tanta fortuna, os cadetes de Autonómica, que caeron ante o Azkar nun apertado 2-3.
Liga Nacional Xuvenil
O Esteo FS 1-5 Burela FS
O Esteo FS: Cinco Inicial Kevin, Alberto, Diego Picos, Adrián e Daniel García; tamén xogaron: Diego Díaz, Daniel Río (1), Pedro, Sergio e Ángel
CD Burela FS: Cinco Inicial Erik, Riveiro, Jorge (1), Pancho (1) e Renato (1); tamén xogaron: Rafa, Richy (1), Borja, Miguel, Cora, Sanjurjo (1) e García
Árbitro: Rodrigo Fdez. e Roberto Amor (Delegación de Ferrol)
Liga Autonómica Cadete
Burela FS 2-3 Azkar Lugo FS
CD Burela FS: Cinco Inicial Aarón, Mini (2), Mamadou, Aitor e Pitero; tamén xogaron Vilariño, Chiky, Kaká, Xosé, David, Jordan
Azkar Lugo FS: Cinco Inicial Marcos Esmorís, Pablo, Yago, Jesús e Marcos Salgado; tamén xogaron: Rodrigo, David (1), Adrián, Cley, Marcos Inacio (2) e Carlos
Árbitro: Pablo Coello (Delegación da Mariña)
Liga Autonómica Infantil
Burela FS 2-2 Azkar Lugo FS
ED Burela FS: Cinco Inicial Luismi, Aarón, Nito (1), Luka (1) e Álvaro; tamén xogaron Domingos, Rubén, Aitor e Óscar
Azkar Lugo FS: Cinco Inicial Jacobo (1) , Borja (1), Brais, Luis e Bruno; tamén xogaron Noel, Luis, David, Noel e Pablo
Árbitro: Pablo Coello (Delegación da Mariña)
Amigables
ED Lourenzá Benxamín 1-3 ED Burela FS Benxamín
ED Lourenzá: Cinco Inicial Raúl, Allut, Eduardo (1), Fernando e Miguel; tamén xogaron Daniel, Samuel e Diego
ED Burela FS: Cinco Inicial Álex Altamirano, Pablo, Miguel, Javi (1) e Lucas; tamén xogaron Anxo (2), Pedro, Miguel, Martín, Rafa e Iago
Árbitro: José Antonio Vilariño
ED Lourenzá Alevín 2-3 ED Burela FS Alevín
ED Lourenzá: Cinco Inicial Hugo, Xoel (1), Diego, Julián (1) e Aarón; tamén xogaron Adrián, Miguel, Eduardo, Ismael, Ayoub, Anxo, Angel e Mario
ED Burela FS: Cinco Inicial Dani, Pol (2), Nico, Isaac (1) e Pablo; tamén xogaron: Gustavo, Quelle, Diego, Antonio, José Carlos, Álex e María
Árbitro: José Antonio Vilariño
ED Lourenzá Infantil 6-1 ED Burela FS Infantil B
ED Lourenzá: Cinco Inicial Julio, Romay (4), Manuel (1), David Fdez. e Iván López; tamén xogaron: David Rivas (1), Iñaqui, Bruno, Javi Álvarez e Ricardo
ED Burela FS “B”: Cinco Inicial Alfonso, Jairo (1), Renato, Manuel e Edilson; tamén xogaron Ivanilson (1), Yeremay, Álvaro, Hugo Manin e Hugo Lopez
Árbitro: José Antonio Vilariño
ED Lourenzá Cadete 6-3 Burela FS Cadete B
ED Lourenzá: Cinco Inicial Julio, Hamza (1), Huertas (1), Vázquez (1) e Paulo (1); tamén xogaron: José Edrosa (3), José Antonio, Marcos, Pablo e Farid
CD Burela FS “B”: Cinco Inicial Labayén, Álvaro Fraga, Hugo, Lucas (1) e Raúl; tamén xogaron Arfang, Martín, Adelson, Adán (2), Roberto e Aderito
Árbitro: José Antonio Vilariño






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
