Santiago, 17 de outubro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, acusou este xoves ao PSOE de actuar con “cinismo oportunista” diante da situación que afecta á flota galega obrigada a amarrar como consecuencia do esgotamento progresivo da cota da pescada.
Lembrou que o PSOE, que agora tanto parece lamentarse, restou importancia á iniciativa promovida polo Grupo Popular no Parlamento de Galicia o pasado mes de setembro e destinada a trasladar ante a Comisión Europea esta reivindicación e a facer explícito o apoio da Cámara autonómica á flota afectada.
A REGAÑADENTES
Balseiro dixo incluso que o portavoz de Pesca do PSOE, Jose Ramón Val, quedou retratado ante os representantes do sector, moitos deles da Mariña, cando chegou a asegurar na súa intervención no Parlamento galego “que non tiña sentido trasladar á UE esta petición, porque era algo que xa estaba feito coa solicitude do Ministerio”, o que demostra non só o descoñecemento deste deputado da realidade do sector, senón incluso a falta de iniciativa e de capacidade de apoio dos socialistas ante unha reivindicación “xusta e necesaria da flota, que aínda está pendente de resolverse”-lembrou Balseiro.
Os populares “dan a benvida” ao PSOE ás teses do Partido Popular “aínda que sexa con meses de atraso”, porque “se algo puidemos ver no debate que tivo lugar no mes de setembro é que non parecían moi convencidos do tema e que, finalmente, apoiaron a regañadentes a iniciativa popular, que ao final properou por unanimidade”
O MINISTERIO CURSOU A PETICIÓN OFICIAL
Balseiro explica que a decisión final para autorizar o incremento nas posibilidades de captura da pescada dependen da Comisión Europea, que xa dispón da solicitude oficial e formal do Goberno español, apoiada por Irlanda e pola Xunta de Galicia.
De feito, Balseiro quixo lembrar que lonxe de estar desaparecidos, o propio ministro, Miguel Árias Cañete reivindicaba este incremento nas posibilidades de pesca, xa no mes de xullo, durante o Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea que tivo lugar nesas datas.
O PP RECLAMA O INCREMENTO DE COTA
Os populares insisten en defender a necesidade de incrementar a cota de pescada no Gran Sol, e en facelo ante as institucións comunitarias, a diferenza do que acontecía co bipartito cando, en situación similares de amarre de flota por falta de cota (que se veñen producindo cada ano) no PSOE quedaban mudos.
Balseiro explica tamén que si hoxe os informes científicos do CIEM dan conta do bo estado do recurso ten moito que ver cos logros acadados polos actuais responsables do PP que trasladaron a necesidade de reformular o feito de realizar estes estudos, que non reflectían a realidade, algo que sabía o PSOE en Galicia, e en tempos de Zapatero, pero que nunca reivindicaron
NIN ESTÁN, NIN SE LLES ESPERA
O portavoz do Mar do Grupo Popular considera que para o PSOE é moi sinxelo empregar agora a demagoxia con este tema pero, cando chega á hora de verdade, “son moi tibios ou incluso non están ao carón dos intereses do sector pesqueiro galego”. Así por exemplo reprochan a falta de apoio dos socialistas a iniciativas positivas para a flota tales como a petición para que se suprima o principio de estabilidade relativa no reparto de cotas, a flexibilización do calendario de prohibición dos descartes ou o rexeitamento ao acordo pesqueiro entre a UE e Mauritania.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



