O Burela FS Pescados Rubén segue sumando. O seu terceiro derbi galego tampouco se lle resistiu; impúxose ao Viaxes Amarelle (1-4) tomando a iniciativa dende o comezo e sen poñer en perigo en ningún momento o marcador. As laranxas fixeron os deberes; agora deben esperar a mañá para saber como queda o liderado, co resultado de mañá entre o Atlético de Madrid, o segundo en discordia, e o Valdetires (12.15 horas).
As pupilas de Quico Otero fixéronse donas do encontro dende o pitido inicial, aínda que con algunhas dúbidas; imprecisións na saída do balón provocaron algún que outro contraataque das locais, que frearon sen maior complicación as burelistas. Co paso dos minutos, gañaron en circulación e orde, co premio do gol de Peque, que entrou no minuto 7, nun falso pase da madrileña a Claudia, na área, que deixou pasar a pelota desorientando á meta coruñesa. Certo nerviosismo apoderouse das filas mariñás tras o primeiro tanto, nerviosismo disipado por Lidia no minuto 19, que conseguiu introducir o esférico dende xogada de esquina, tras unha tentativa desafortunada de Lucía Nespereira por despexar.
Na segunda parte, volveron á pista as burelistas con máis tranquilidade, respaldadas pola vantaxe de 0-2 no luminoso. Resistiuse, pero ao fin chegou o 0-3, no minuto 27, en parede de Maite con Peque, que aproveitou un balón escorado ao borde da área. O gol da honra para as locais foi autoría de Lucía Gómez encaixando pola escuadra unha falta indirecta ao borde da área (minuto 29). A falta de sete minutos, o Amarelle optou por porteira xogadora sen éxito para crear ocasións. Bea Mateos subiu o definitivo 1-4, no 33, a porta baleira desde o campo laranxa.
Ficha técnica
Viaxes Amarelle: Paula Pérez, Dolo, Lucía Lago, Lucía Nespereira y Sheila, cinco inicial; tamén xogaron Laura, Lucia Gómez, María, María Gómez e Cruz.
Burela FS Pescados Rubén: Patri, Bea Mateos, Maite, Peque y Lidia , quinteto inicial; tamén xogaron Claudia e Lara.
Goles: 0-1, minuto 7, Peque; 0-2, minuto 19, Lidia; 0-3, minuto 27, Peque; 1-3, minuto 29, Lucía Gómez, 1-4, minuto 33, Bea Mateos
Árbitros: José Ángel Vilas // Julio de la Iglesia (Santiago)
Tarxetas: Por Amarelle amareñas a Laura e Lucía Gómez. Por Burela FS, a Maite (minuto 30) e Bea (minuto 4).

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
