O venres 18 de outubro tivo lugar a terceira das catro charlas sobre Crise, economía e falsos dogmas organizadas pola AVV O Tesón. Foi a cargo de Mª Jesús Fernández Álvarez, quen despois de marcar cales ían ser os pasos durante a súa intervención, abordou a temática da crise.
A charla, desenvolta no Salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo e seguida por diverso público, desembocou nunha construtiva discusión final.
Ó Igual que as charlas anteriores, foi grande a extensión da temática tratada, comezando pola política social e a mercantilización da mesma, sobrepasando nesa dirección as reivindicacións dos colectivos, de feministas a ecoloxistas, por poñer dous exemplos significativos. Asemade, foron tratadas e contrapostas as garantías sociais contempladas no norte de Europa co benestar social sustentado na rede familiar do sur, ou posta de manifesto a creación de desigualdades sociais a nivel internacional.
Pasouse despois á intervención do desfase no ciclo económico entre diferentes países de Europa e a súa incidencia ó entrar no euro, así como as dificultades de mobilidade de man de obra propiciadas pola mentalidade nestes pagos, ou a inexistencia dun auténtico banco central para poder manexar a crise dun xeito eficiente.
Foron contrapostas no período anterior á crise as medidas estruturais como a baixada de impostos coas coxunturais, como o incremento de recadación polo desmesurado auxe da construción. E logo, analizado o seu efecto.
No que respecta ó balance de ingresos e gastos públicos, púxose de manifesto que se baixaron os ingresos por sociedades, patrimonio ou grandes fortunas, e non os que teñen relación co traballo, IRPF ou IVE; mentras, o groso da reducción de gastos foi en sanidade, educación ou servizos sociais, precisamente temas que afectan máis ós traballadores.
Entre as moitas cousas máis que se trataron, saltou nidia nas intervencións no debate a idea de que todos participamos na corrupción, e que temos que corrompernos para participar e ó tempo, con elo, destruír toda resistencia a este cambio que vai contra nós, e enmascarar e xustificar a corrupción que está atenazando á sociedade.
A próxima charla, e última da serie organizada este outono, será atrasada ata o xoves 31 de outubro, no mesmo lugar e hora, a cargo de Anxo Martínez Pérez.
Asemade, para quen non teña podido asistir e estea interesado, xa se están comezando a cargar os audios das charlas e outro material O primeiro paquete, correspondente á charla dada por José Mª Martínez, pode obterse en http://ribadeando.blogspot.com.es/2013/10/lembrando-unha-charla-sobre-crise-jose.html.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



