Profesores e alumnos do colexio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo visitaron este luns Santiago de Compostela. Na capital aproveitaron para visitar o Parlamento de Galicia onde foron recibidos polo secretario da Cámara galega, José Manuel Balseiro e polo tamén deputado mariñán do Grupo Parlamentario Popular Vidal Martínez-Sierra. Ademais de coñecer as instalacións puideron visitar o Salón de Plenos e sentarse nos distintos escanos que ocupados polas e polos parlamentarios, serven de sede do órgano que aproba as leis e realiza as funcións de control e impulso ao Goberno galego. Nesta viaxe, tamén tiveron a oportunidade de visitar a Catedral de Santiago.
O Sagrado Corazón no Parlamento galego
O Sagrado Corazón no Parlamento galego
Relacionado
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo
-
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional