Lugo, 22 de outubro de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, cualificou de “infundadas e desnortadas” as críticas de socialistas e nacionalistas aos orzamentos da Xunta para o ano próximo lembrándolles que en 2014 o investimento por habitante na provincia de Lugo duplicará ao previsto polo bipartito.
Balseiro explicou que en plena crise o Partido Popular achegará un gasto por habitante que se sitúa en 728 euros por lucense, un dato que case multiplica por dous os 374 euros que os socialistas e nacionalistas contemplaban nos seu último orzamento, o do ano 2009.
O secretario xeral dos populares explica tamén que Lugo será a provincia máis beneficiada polo esforzo inversor do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo, o que proba a súa aposta pola provincia, e nesa liña sinala que os lucenses recibiremos máis gasto público por habitante que Ourense (704 euros), Pontevedra (484 euros) e A Coruña (478 euros)
“Se PSOE e BNG critican estas contas hoxe, que non deberan ter dito na súa etapa de goberno bipartito cando, a pesar de ser unha época de bonanza económica e dispoñer dun orzamento global moito superior investían a metade que nós na provincia. Isto si era un castigo aos lucenses e unha parálise aos principais proxectos e infraestruturas” –dixo Balseiro.
MEDIO AMBIENTE
Jose Manuel Balseiro fixo tamén un repaso aos principais investimentos da Xunta para 2014 na provincia, insistindo que o manexo dos datos fai inviable o intento da oposición enredar e confundir a todos os galegos. Así por exemplo salientou o esforzo de consellerías como a de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que mantén o volume de investimento situándoo en 58 millóns de euros
Así por exemplo destacou as partidas previstas para o Auditorio de Lugo (8,13 M€, é dicir, 3 millóns máis que no 2013), para o corredor Lugo-Sarria-Monforte (8 millóns de euros, 2,6 millóns máis que en 2013) para finalizar o plan Paradai (2,8 M€) ou para garantir os accesos ao porto de Burela (800.000 euros) e porto seco de Monforte (3,5 M€)
Destacou as partidas reservadas para o mantemento das infraestruturas viarias, urbanas e hidráulicas, que suman un presuposto de 49,4 M€, o 85% do orzamento global. Así por exemplo as obras de abastecemento de Barreiros e da Edar de Ribadeo, dúas actuacións para as que se reservan 6,8 M€ nas contas de 2014
SANIDADE, BENESTAR E EDUCACIÓN
No ámbito da saúde Balseiro quixo salientar o dato histórico que supón que por primeira vez apareza nuns orzamentos da Xunta unha partida específica para a ampliación do Hospital da Costa, para cuxo proxecto Sanidade reserva 190.000 euros, e no tocante ás áreas de benestar significou os 600.000 euros para a residencia de Paradela ou a achega prevista para o proxecto de residencia de Foz.
SECTORES PRODUTIVOS E NOVAS TECNOLOXÍAS
Finalmente Balseiro destacou os investimento en promoción do turismo (1.750.000 euros), innovación e solucións tecnolóxicas (1.800.000 euros) ou os 18,6 millóns de euros que achegará a Consellería do Medio Rural e do Mar, para rematar sinalando que logo do repaso de cada unha destas cifras PSOE e BNG deberían esforzarse en, polo menos, actuar con rigor nas súas críticas e no xeito de facer oposición.




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



