A Mariña, 22 de outubro de 2013. O BNG da Mariña manifestou este martes o seu “total apoio á comunidade educativa galega que está chamada á folga para o vindeiro 24 de outubro para amosar o seu rexeitamento ás modificacións que o Partido Popular está introducindo no ensino.”
“A LOMCE é unha lei retrograda que afasta o sistema educativo de Galiza e que pretende o desmantelamento do ensino público e abre as portas á privatización, eliminando o dereito á educación das familias con menos recursos. Proba disto son as reválidas que se impoñen aos 8, 11, 15 e 18 anos coas que se pretende segregar e expulsar da educación ao alumnado con máis dificultades, forzando que só unha elite chegue ao bacharelato e ao ensino superior”, explican os nacionalistas.
Pero, para o BNG, “a LOMCE é só unha das armas que o Partido Popular utiliza para crear un ensino privatizado, ideoloxizado e ao seu propio servizo. Non se trata só da aprobación dunha lei que é rexeitada por docentes, estudantes e nais e pais; senón que é o instrumento para legalizar o proxecto educativo do Partido Popular de laminar o ensino público, por iso se acompaña de continuos recortes no ensino público, como os salvaxes recortes en bolsas, o despedimento de profesorado, a suspensión da ESO e Bacharelato en numerosos centros ou a implantación do copagamento nos comedores escolares.”
Segundo o BNG, “estas medidas requiren dunha resposta contundente da comunidade educativa, pero tamén da sociedade en xeral, que demostre que a sociedade galega non está disposta a asumir caladamente os continuos ataques ao ensino público por parte dos gobernos do PP.” Por esta razón, chaman a secundar masivamente a folga no ensino e a tomar parte de todos os actos reivindicativos que teñan lugar con motivo desta mobilización, como as concentracións que terán lugar o xoves ás 11:30 na rotonda do IES de Ribadeo e na Praza da Mariña de Burela.




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



