Riotorto 26 de outubro de 2013.- Unha ateigada Casa da Cultura do Concello de Riotorto acolleu na xornada deste sábado unha representativa Asemblea que aglutinaba a diversos sectores da sociedade galega que concordaban na necesidade de demandar da Xunta de Galiza a negativa a aplicar no noso País o copago para aqueles medicamentos que afectan a doentes crónicos así como a anulación desta resolución por parte do Goberno do Estado. Os presentes na xornada en Riotorto representaban Concellos como Monforte, Ribadeo, Allariz, San Sadurniño e asi ate…, colexios profesionais como o de traballadores sociais ou ats, forzas políticas como o BNG, PSOE…, organizacións sindicais como CCOO, CIG, UXT ou OMEGA, asociacións de doentes como ALCER, COGAMI, APNED, Camiña, ou Síndrome de Down, entidades en defensa da sanidade pública como “Sos sanidade pública”, as Plataformas en defensa da sanidade pública da Mariña, A Coruña ou Monforte ou as federacións da saúde das forzas sindicais e colectivos sociais do máis diverso que cubrían un amplo abano que chega desde os preferentistas, aos emigrantes retornados, veciñais, culturais, deportivas ou feministas e así até sumar máis de 150 colectivos.
Os representantes sociais e institucionais presentes en Riotorto acordaron asinar un manifesto no que se recollen os eixos das reivindicacións deste colectivo e que parte dunha análise da decisión do Goberno do Estado de “ aprobar unha Resolución pola que se obriga aos pacientes crónicos a afrontar o copago das menciñas que lle son dispensadas na farmacia dos centros hospitalarios significa cruzar todas as liñas vermellas da sanidade. É máis non hai dúbida que este novo repago, este novo imposto á enfermidade, supón unha carga moi importante na economía de moita xente desfavorecida, persoas que xa non son quen de chegar a fin de mes e outras que xa nin comezan o mes, medida vai significar o sacrificio e sufrimento para moitas persoas e que só podemos tratar de indigna, inhumana, inxusta, a máis de retratar un goberno que actúa ao servizo do poder económico. Acabaramos un novo roubo que forma parte dunha estratexia deseñada para facer caixa a costa das persoas máis desfavorecidas”. Así as cousas o manifesto na súa parte dispositiva aclara que os colectivos asinantes demandan que “non hai, en definitiva, máis camiño que primeiramente instar ao Presidente da Xunta Galiza a que paralice a entrada en vigor da Resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiación de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación de achega do usuario e na mesma liña demandar do Goberno do Estado a derogación da resolución recollida no BOE do 10 de setembro que establece a obrigatoriedade da achega do usuario para as patoloxías e a carteira de medicamentos fixadas na referida resolución”.
O anfitrión da xuntanza e convócante xuntanza, o Alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa informou que na “ asemblea acordamos dar arranque a unha batalla social que non ten outro obxectivo que garantir a gratuidade da sanidade e neste sentido á par das alternativas que se leven adiante no campo institucional, a batalla a día de hoxe situase en parar esta contrareforma xogando coa data que o Goberno da Xunta pretende que a decisión entre en vigor en Galiza. Por iso hai que intensificar a loita antes do do 1 de Xaneiro de 2014, e neste sentido acordamos convocar para o venres, día 8 de novembro, concentracións en todas as Comarcas e nos Hospitais de referencia das cidades , para socializar e popularizar esta loita pero sobre todo para que fique patente a opinión da sociedade e a oposición do pobo a esta decisión. Queremos por conseguinte o día 8 de novembro darlle a voz a xente para que lle quede moi claro á Xunta e ao estado que non toleramos que que ningún cidadáns poida morrer por carecer de recursos para tratarse. Asemade na propia reunión acordouse convocar unha mobilización nacional en Compostela para o vindeiro 17 de novembro, unha manifestación que non é punto de chegada de nada, posto que no caso de que este Goberno non mude a súa oposición teremos que optar por outras alternativas para darlle continuidade a loita”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



