O 16 de xullo de 1933 inaugurouse o Asilo de ancians de Foz, obra social modélica, da doazón ò pobo dos históricos benfeitores, o matrimonio Martínez Otero, finados dez anos antes. Dende entón o Centro víu desenvolvendo un labor exemprar na atención á vellez desvalida – sen xubilacións nen tipo algún de atencións sociais: só a mendicidade – que contou sempre co recoñecemento e a colaboración cidadá. Os miserentos anos da postguerra, que se prolongaron perante décadas, coa ausencia de elementais medios de subsistencia, tiveron naquela Casa, que rexían as Monxas dos Anciáns Desamparados, o símbolo da xenerosidade e a solidaridade colectivas das xentes mais humildes. Eran os tempos do Foz mariñeiro e pescador –clase que tanto padeceo as forzosas privacións –; e cando unha lancha chegaba á ribeira con peixe o primeiro que facía era apartar o lote para o asilo, compartindo así a propia pobreza; logo soaba a sirena – na nosa nenez o “corno” — a cuxa chamada acudían as vendedoras, pois anunciaba a subasta da pescada, ó tempo que o facían os emisarios do Asilo a recoller o seu lote E así, un decenio tras doutro… As monxiñas percorrían a cotío as casas da vila e das parroquias, e de concellos veciños, pedindo esmola. Boa parte déstas, sobre todo no rural, eran en especie: pan, patacas, maiz e outros que xuntaban nunha casa do lugar a onde un camión amigo pasaba a recollelos. Era moito o traballo porque a canto esixe o coidado dos residentes, algúns en precarias condicións físicas ou mentais, manter impecables as instalacións en orde á limpeza e conservación, cando non existían as màquinas, requería gran esforzo; ó que había que engadir o cultivo da horta (unhas 60 a.) dos mais variados productos, así como a gandeiría: aves, porcos e vacas, tarefas nas que axudaban os/as residentes que a saúde o permitía., Ás veces as monxxas, calzadas as zocas e fouciño en ristre, consumían xornadas apañando np monte. A viveiresa Sor María pasara boa parte da vida no cortello criando laradas de porquiños. Finou no Asilo , para o que se anuncia unha nova xeira, cuxa historia algún día outro cronista contará…
Suso Fernández


















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



