As xoias burelistas pecharon a fin de semana con boas sensacións nas competicións ligueiras. En Nacional Xuvenil, o Burela FS volveu á senda da vitoria na casa do ADFS Bueu (2-3) e en Autonómica o dobre duelo coa ED Vigo 2015 quedou en táboas, con 2-2 para os cadetes e 1-1 para os infantís.
Na axenda de amigables fronte á ACD Xove tamén se impuxo o ED Burela FS Infantil (4-6); a sorte non estivo do lado laranxa, no entanto, para Cadetes, Benxamíns e Prebexamíns, con resultados adversos 5-1, 7-2 e 8-2. O Alevín, na súa visita á pista das Escolas Celeiro, protagonizou a goleada da fin de semana, con 0-14, con Pablo (2), Jorge (3), Pol (3), Anxo (3), Isaac (1) e Diego (2).
Liga Nacional Xuvenil
ADFS Bueu 2-3 Burela FS
ADFS Bueu: Cinco inicial, Aarón, Raúl, Sergio (1), Ángel e Pablo (1); tamén xogaron Iñigo, Luis e Abel
CD Burela FS: Cinco inicial, Erik, Rubén (1), García, Jorge (2) e Renato; tamén xogaron Rafa, Isi, Borja, Sanjurjo, Richy, e Cora
Árbitro: Andrés García e Enrique Lago (Delegación de Vigo)
Liga Autonómica Cadete
Burela FS 2-2 ED Vigo 2015
CD Burela FS: Cinco inicial, Noé, Mini (1), Aitor (1), Pitero e Chiky; tamén xogaron: Aleixo, Kaká, Xosé, David, Jordan e Aarón
ED Vigo 2015: Cinco inicial, Samuel, Ezar, Alejandro, Antón e Adrián; tamén xogaron Santiago (2), Sergio, Fernando e Lucas
Árbitro: Jorge Goyos (Delegación da Mariña)
Liga Autonómica Infantil
ED Burela FS 1-1 ED Vigo 2015
ED Burela FS: Cinco inicial, José Luis, Aarón (1), Rubén, Luka e Nito; tamén xogaron: Luismi, Domingos, Álvaro, Aitor, Óscar, Víctor e Diego
ED Vigo 2015: Cinco inicial, Iván, Marcos, Jorge, Ignacio e Pablo; tamén xogaron: Pablo (1), Daniel e Adrián
Árbitro: Jorge Goyos (Delegación da Mariña)
Amigables
ACD Xove Cadete 5-1 Burela FS Cadete B
ACD Xove: Cinco inicial, Carlos Domínguez, Aarón, Gabi, Ángel (1) e Kevin; tamén xogaron Carlos, Mateo, Fabio, Joao (1), Álvaro (1), Simón (1), Saúl e Bruno (1)
CD Burela FS Cadete B: Cinco inicial, Luismi, Álvaro, Hugo, Lucas e Raúl; tamén xogaron: Jardel, De Brito, Efrén, Aderito, Lavilson (1), Arfang e Labayén
Árbitro: David Riveira
ACD Xove Infantil 4-6 ED Burela FS Infantil B
ACD Xove: Cinco inicial, Brais, Adrián, Iker (1), David Vázquez (1) e Aarón; tamén xogaron Carlos (2) e Mateo Rubal
ED Burela FS Infantil B: Cinco inicial Alfonso, Álvaro (1), Manuel (1), Renato (2) e Jairo; tamén xogaron: Yeremay, Martin, Edilson, Artay, Hugo López (1), Ivanilson e Michael (1)
Árbitro: David Riveira
Escolas Celeiro FS Alevín 0-14 ED Burela FS Alevín
ED Burela FS: Cinco inicial, Álex, Pablo (2), Jorge (3), Nico e Pol (3); tamén xogaron Anxo (3), Isaac (1), Diego (2), Antonio e Dani
Árbitro: Andrés Míguez
ACD Xove Prebenxamín 8-2 ED Burela FS Prebenxamín
ACD Xove: Cinco inicial, Brais, Mateo (2), Iago Pérez (2), Xenxo (3) e Dani Ramos (1); tamén xogaron Xoán, Martín, Miguel, Matias, Dani Bertolo, Diego e Iago de Vicente
ED Burela FS: Cinco inicial, Carlos, Óscar (1), Rafa, Claudia e Iago; tamén xogaron Iria, Asier (1), Esther, Yago, Noel, Bruno, Walter, Alexander e Sergio
Árbitro: David Riveira
ACD Xove Benxamín 7-2 ED Burela FS Benxamín
ACD Xove: Cinco inicial, Brais, Hugo Pérez (1), Kevin (1), Abel (2) e Javi; tamén xogaron Héctor, Álex, Luis, David (2), Izán, Lucas, Hugo Santos e Abraham (1)
ED Burela FS: Cinco inicial, Álex Bermúdez, Noel (2), Iago, Pablo e Miguel; tamén xogaron: Manuel, Rafa, Martín, e Álex Altamirano
Árbitro: Iago Casas























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
