O BNG presentou unha moción para tratar neste pleno de outubro para que o Concello de Foz financie os medicamentos dos enferm@s crónic@s do concello que o necesiten e que estean afectados pola resolución do 10 de setembro de 2013, do Goberno do Estado, mentres a Xunta ou o Goberno do Estado non tomen a determinación de retirar esta medida.
No pasado pleno do mes de setembro xa a Corporación Municipal aprobara rexeitar este novo repago e instar á Xunta a non aplicalo no noso país, sen obter resposta algunha mentres noutras comunidades xa se negaron á implantala e están recorrendo dita resolución. Da mesma maneira, aquí en Galiza numerosos concellos están a tomar a decisión de financiar con fondos públicos do propio Concello o pago destes medicamentos porque consideran que ningún veciño seu pode quedar sen tratamento sanitario e poñer en perigo a súa saúde por cuestión de non ter recursos para pagalo. Como declarou Basanta, “hoxe en día xa son máis de 25 os concellos de Galiza que apoiaron esta medida e Foz será o seguinte. Isto ten que converterse nunha marea de rexeitamento ás políticas regresivas e antisociais que están a practicar os gobernos do PP, tanto no Estado como na nosa terra”.
Este novo imposto á enfermidade que quere aplicar o Goberno do Estado do PP pode levar consigo consecuencias moi graves para as persoas que estean nunha situación de precariedade posto que estamos a falar de medicamentos para o tratamento de enfermidades graves como cancro -tamén quimioterapia-, tumores, leucemia, hepatite C, artrite reumatoide, dexeneración muscular, entre outras. Estamos a falar de persoas na maioría dos casos polimedicadas e pensionistas para as cales este novo repago, este novo imposto á enfermidade, supón unha carga moi importante na súa economía, ata o punto de ter que renunciar a cousas básicas para poder seguir o tratamento ou renunciar ao tratamento para poder subsistir. Nalgúns casos pode chegarse a pagar máis de 100 euros ao mes e no caso de enfermidades raras máis de 500 euros ao mes.
Esta medida vai significar o sacrificio e sufrimento para moitas persoas. É indigna, inhumana, inxusta, e retrata un goberno que actúa contra a xente e a prol das grandes fortunas e do poder económico. Velaquí un novo roubo que forma parte dunha estratexia deseñada para facer caixa a costa das persoas máis desfavorecidas, das persoas que adquiriron preferentes e subordinadas, das emigrantes retornadas, pensionistas, empregados públicos, da clase traballadora, para seguir engordando as sacas da banca, das grandes corporacións empresariais e do capital financeiro. Para Basanta “esta é unha nova medida contra os máis débiles, contra os que máis sofren. É indignante e vergonzoso que aproben isto mentres a Ministra de Sanidade, a Sra. Ana Mato, se gasta máis de 6.000 euros en confetis e globos en festas de cumpreanos”.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



