O vindeiro sábado 16 de novembro terá lugar a terceira edición do magosto organizado pola Asociación de veciños do burgo de Trasbar no marco das actividades anuais. Será no local social de Trasbar a partir das 20.00 h, cando comezaremos a repartir as castañas asadas e os bolos preñados. Os vales venderémolos ese mesmo día. As castañas asadas serán a 1 € e os bolos preñados para socios 1,50 € e a 2,50 € para os non socios.
Magosto en Trasbar
Magosto en Trasbar
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia