BARREIROS (FNC) .- O BNG de Barreiros esixe o inmediato arranxo do acceso a San Caetano desde a N-634 que leva cortado preto de sete meses. O voceiro da formación, Antonio Veiga, sinala que “no pleno do martes insistimos unha vez máis en que ese vial quedou cortado por culpa dunha tromba de auga, impedindo así o acceso á capela de San Caetano, ao campo no que se fai a festa da tortilla, a un futuro negocio de hostelería que se está a instalar na zona e perxudica tamén gravemente a toda a actividade agrícola da zona dado que teñen que dar unha volta bastante grande, incluso baixando pola N-634, de 3 ou 4 kilómetros para circular dunhas fincas a outras”.
O edil nacionalista di que “ainda é máis grave esta situación porque ao longo deste vial vai soterrada a rede de abastecemento de auga desde a depuradora do Masma ata os depósitos de San Caetano que abastecen a todo o concello de Barreiros. Son miles de litros de auga os que pasan por alí e esas tuberías agora mesmo están á intemperie, co que si se produce outro desmoronamento, que é moi probable que poida ocurrir ainda que non volte unha tromba de auga, a catástrofe e os prexuizos poden ser grandísimos. Nós non entedemos como despois de sete meses esto segue sen arranxarse, máxime cando hai unha partida presupostaria para o mantemento da rede viaria e neste caso a súa urxencia está xustificada”.
Veiga Outeiro engade que “vimos no último pleno extraordinario que se pagaron preto de medio millón de euros en facturas pendientes de aprobación, moitas delas con reparos de intervención porque eran gastos indebidamente xustificados e noutros casos non xustificados e entendemos que este gasto sí que está perfectamente xustificado pola súa urxencia e para evitar moitos problemas”.
O BNG agarda que “durante este mes se tome unha solución por parte do Concello porque ao mesmo tempo o malestar dos veciños é moito. Decirlles a eles que nós seguiremos esixindo esta urxente reparación do vial e senón voltaremos a reunirnos para ver cales son as medidas que poderemos tomar para que o Concello actúe nun caso que é de extrema gravidade, segundo o noso entender”.
O BNG de Barreiros advirte dunha posible “catástrofe” por desmoronamento si non se amaña o acceso a N-634
O BNG de Barreiros advirte dunha posible “catástrofe” por desmoronamento si non se amaña o acceso a N-634
Relacionado
-
Vilalba pon en marcha un curso gratuíto de galego para favorecer a integración da poboación migrante
-
O Concello de Burela abordará este mércores nun Pleno urxente os festivos locais e un expediente de contratación
-
Arranca o proceso para ampliar o cadro de persoal dos seis parques de Bombeiros do Consorcio Provincial de Bombeiros















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



